O Concello de Culleredo mantivo unha reunión coa Comisión de Festas do Burgo para tomar unha decisión sobre os festexos tras suspensión temporal acordada onte en solidariedade cos afectados no accidente de tren de Santiago. As festa retomaranse onte para evitar graves perxuízos económicos á Comisión e feirantes. O goberno local agradece a comprensión amosada onte polas Comisións e veciños.
O Concello de Culleredo amosa o seu profundo sentir polo tráxico accidente de ferrocarril que tivo lugar na tarde de onte en Santiago de Compostela. O goberno municipal, en nome da corporación, desexa trasladar os maiores ánimos e a súa solidariedade aos familiares, amigos e achegados das vítimas do accidente
O Concello de Culleredo propón unha actividade aproveitando os recursos deportivos da ría do Burgo. Trátase dunha ruta en kaiak pola ría, partindo desde a ponte romana. Desenvolverase os próximos venres 26 e sábado 27.. O venres estará destinado aos mozos de 14 a 17 anos e o sábado aos de 18 a 30 anos. Ambas as rutas terán lugar en horario de 18.00 a 20.30 horas e serán totalmente gratuítas para os mozos empadroados en Culleredo.
O Concello de Culleredo informa os residentes nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte do cambio na xestión dos residuos. Desde agora, os veciños deben depositar o lixo nos novos colectores instalados na avenida de Ribados. Os colectores soterrados da confluencia de Hersa e Sanjurjo de Carricarte quedaron precintados e fóra de uso.
O plan de dinamización do comercio local que leva a cabo o goberno de Culleredo alcanza este venres, 19 de xullo, un dos seus principais eventos coa organización dunha Noite Branca no centro do Burgo. Os establecementos comerciais permanecerán abertos desde as 20.30 ás 24.00 horas con descontos de ata un 70% e unha ampla programación paralela na rúa con espectáculos, concertos ou actividades infantís.
O Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia rubrican o acordo para a remodelación da avenida de Electo Carballo (AC-215). O alcalde, Julio Sacristán, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asinaron o convenio para incrementar a seguridade viaria para os veciños desta estrada, que pasa a ser municipal.
O goberno de Culleredo estuda a ampliación das prazas de estacionamento de vehículos en Fonte da Balsa e na rúa Domingo Sierra, en Vilaboa, para responder as necesidades de veciños de zonas con dificultades para aparcar. Desta forma, o Concello completaría o seu plan de mellora nos aparcadoiros de Vilaboa, que disporá así mesmo de parking exprés para facilitar as xestións ou compras rápidas.
Os campamentos urbanos de verán que leva a cabo o Concello de Culleredo saíron o venres 12 dos colexios e trasladáronse ao parque de Acea de Ama, xuntando así aos participantes de todas as idades. O motivo: a procura dun tesouro pirata escondido no recinto. Para atopalo, os 200 participantes tiveron que achar os diversos anacos de mapa. Cada un obtivérono superando unha proba, na que os viandantes debían colaborar cos pequenos.
Os corpos de seguridade montan un dispositivo especial con motivo das festas de Vilaboa. Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil elaboraron un plan de seguridade coordinado e que conta coa presenza nocturna do Grupo Rural de Seguridade da Garda Civil. A Comisión de Festas valora o traballo continuado dos efectivos de seguridade para vixiar os festexos. O primeiro tenente de alcalde apunta a garantir a seguridade e a accesibilidade dos peóns como unha das "prioridades" do plan.
Culleredo triunfa no Campionato Galego de descenso de mountain bike celebrado no municipio pontevedrés de Vilaboa. Aarón Caballero, natural de Alvedro e compoñente do club cullerdense School Riders, resultou campión absoluto ao ser o máis rápido da proba. Outro cullerdense, do mesmo club, Manuel Verdía, foi tamén vencedor na categoría Master 30. O Concello felicita os resultados destaca o gran esforzo dos depostistas desta modalidade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER