Culleredo continúa incrementando as variedades culturais que ven acollendo semana tras semana coa actuación do grupo “La Trova”, previa á presentación oficial do seu novo disco “Nuevo Aire”. O concerto, con entrada de balde, terá lugar e venres, 31 de maio, ás 21.00 horas, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O Club Baloncesto Culleredo organiza, coa colaboración do Concello, o seu X Campus de Verán. Desenvolverase no polideportivo do Burgo de luns a venres, desde o 24 de xuño até o 5 de xullo, en horario de 9.30 a 18.30 horas. Está dirixido a mozos e mozas de 5 a 16 anos de idade. As inscricións poderanse realizar na polideportiva do Burgo (en horario de martes e xoves, de 18.00 a 20.00 horas) ou a través da páxina web do club (www.cbculleredo.es).
Os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo recibiron unha visita moi especial: a campioa olímpica Sofía Toro. Os nenos departiron coa medallista, formulándolle todas as dúbidas e cuestións sobre o seu traballo. No acto estivo presente a concelleira de Educación, Carmen Varela, que destacou de Toro que a pesar de converterse en alguén recoñecido, "mantén a súa proximidade".
O Concello de Culleredo e a asociación Alma organizan a proxección do documental sobre crianza "A educación prohibida". A actividade quere fomentar unha educación en saúde desde os primeiros meses e anos de vida dos menores. A proxección terá lugar o 31 de maio ás 18.00 horas no Pazo de Vila Melania. É aberta ao público e gratuíta.
Dende a Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego, preténdese crear un espazo de formación para a realización de actividades de producción e consumo de productos agrícolas e saudables, así coma levar a cabo unha experiencia enriquecedora de participación activa nas estratexias de Sostenibilidade do Concello de Culleredo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER