A Biblioteca finaliza os obradoiros de verán cun éxito de asistencia de nenos

O goberno de Culleredo incluíu ás Bibliotecas Municipais entre as opcións de actividades de verán de que dispuxeron os veciños. A sala infantil da Biblioteca do Burgo levou a cabo un programa de talleres que rematou onte.

O Concello leva a pleno correccións no Plan Xeral que atenden a gran parte das alegacións

O Concello de Culleredo celebra este xoves 29 o pleno ordinario no que o principal asunto versará sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado de forma inicial en xaneiro. Tras rematar a exposición pública, o equipo redactor detectou diferentes erros que considera preciso corrixir canto antes.

O Concello renova o firme na rúa Xafontes de Vilaboa

O Concello de Culleredo acometeu a remodelación da rúa Xafontes, de Vilaboa. O plan de melloras na rede viaria confeccionado polo goberno municipal incluíu esta rúa dada a necesidade de renovar a calzada, deteriorada co paso do tempo.
 

O goberno municipal inicia esta semana a mellora das rúas peonís do Burgo

O goberno de Culleredo iniciará esta semana, unha vez ultimado o contrato coa empresa adxudicataria,  os traballos da mellora das rúas peonís do  Burgo, Sanjurjo de Carricarte e Hersa. Os traballos consistirán en retirar as laxas en mal estado para substituílas por outras: serán uns 120 metros cadrados.  O investimento neste apartado ascende a 25.000 euros.

O Concello limpa de forma subsidiaria as fincas de propietarios que fan caso omiso aos requerimentos

Mellorar as vías municipais e limpar as fincas próximas a vivendas que se atopan en mal estado e cuxos propietarios non atenderon os requirimentos realizados desde o Concello son as dúas actuacións que forman parte dos traballos que está a levar a cabo o goberno local dentro da campaña anual de rozas.

FESTAS EN PEIRO DE ABAIXO

Peiro de Abaixo -Esfarrapa, Cabana e Lamelas- celebrará os días 24, 25 e 26 as súas festas con música todos os días e cunha Sariñada, o día 24, dende as sete de tarde, para rematar cunha gran pulpada, o luns día 26 dende ás sete da tarde.

Xornada festiva de balonmán en Vilaboa

XORNADA FESTIVA DO BALONMÁN CULLEREDO no pavillón Municipal do colexio Sofía Casanova, en Vilaboa, o MÉRCORES 21 DE AGOSTO. A xornada é de participación libre e gratuíta e os participantes serán rapaces e rapazas con data de nacemento nos anos 2005 e anteriores.

As 17:30 é a convocatoria para os pequenos, nados no 2007, 2006 e 2005 e ás 18:30 para os nados no 2004, 2003, 2002 e 2001.

FESTAS EN CASTRO LAXE

Castro Laxe celebrará as súas festas do 24 ao 27 cun programa repleto de actividades, música e a súa tradicional Sardiñada...

Doazón de sangue no Burgo

Fecha : 
28/08/2013 - 10:00 - 21:00

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina