O Concello de Culleredo presenta a conta xeral do exercicio económico 2012 cuns excelentes resultados. De feito, a liquidación orzamentaria alcanza valores que non se lograban desde 2006. O remanente de tesouraría arroxa unha cifra que reverte radicalmente a situación negativa do pasado exercicio e agora alcanza os 2.907.995,97 euros.
O Concello de Culleredo inicia un plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Os traballos comezaron pola parroquia de Rutis, no núcleo de Vilaboa, e nas próximas semanas estenderanse ás restantes parroquias. Os traballos abarcarán a 164 quilómetros de 282 estradas municipais.
Aena acaba de iniciar a segunda fase da construción da senda peonil que rodeará á nova cabeceira do aeroporto de Alvedro. Trátase dunha das actuacións solicitadas polo goberno de Culleredo para ofrecer aos veciños unha nova contorna de esparexemento e garantir a súa mobilidade na zona da ampliación da pista. Comunicará o novo parque da festa, inaugurado o ano pasado, con Fontemaior.
A sala infantil da Biblioteca do Burgo inicia un programa de talleres que se prolongará durante todos os mércores dos meses de xullo e agosto. A Concellaría de Cultura deseñou unha variada programación, baseada principalmente no ámbito das manualidades, dirixida para nenos e nenas maiores de 5 anos de idade. As actividades comezan o mércores 3.
O festival BurgoJazz chega á súa XIII edición centrado na promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero. Serán cinco xornadas, do 4 ao 8 de xullo, que levarán a grupos emerxentes ao xardín botánico do Burgo. Unha das grandes novidades reside na participación por primeira vez no festival da Big Band do Conservatorio. Desta forma, o Concello aposta por promocionar o traballo dun grupo creado no centro de formación municipal e con moito futuro no panorama musical.
Culleredo converteuse esta fin de semana no centro do futbol infantil da comarca. O XIV Torneo Internacional de Fútbol 8 "Ponte Pasaxe" trouxo ao campo de fútbol do Burgo, a 300 pequenos de 10 clubs de concellos como Culleredo, A Coruña, ou Cambre e de Portugal.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER