O Club de Natación Albatros, co que colabora o Concello de Culleredo, prepara a campaña de natación para a nova tempada. Os cursos comezarán o 30 de setembro, prolongándose até o 13 de xuño de 2014.
O corte na Nacional 550, entre O Portádego e A Coruña, por motivo das obras no abastecemento que executa Emalcsa derivou unha importante carga de tráfico á AC-211. O Concello recomenda o uso da AP-9 e da Terceira Rolda para dirixirse á cidade.
O Concello de Culleredo recibe o venres 6 a exposición de pintura dos artistas Manuel Ayaso e Alfonso Costa. Poderase ver desde ese día ata o 5 de outubro no Xardín Botánico do Burgo.
A Nacional 550, desde O Portádego ata A Coruña, permanecerá cortada en parte ao tráfico desde o luns 2 de setembro ata o 15 do mesmo mes. O motivo consiste na execución das obras de mellora do abastecemento á cidade da Coruña e á área metropolitana que leva a cabo Emalcsa.
O Concello de Culleredo celebrou esta fin de semana a conclusión de tradicionais e novas competicións de fútbol. O Sporting Burgo venceu nos trofeos de Veteranos e Afeccionados, mentres que O Portazgo SD gañou a primeira edición do torneo de fútbol-8 alevín
O Concello de Culleredo potenciará a práctica de patinaxe artística entre os veciños. O venres finalizou a primeira edición do campus de patinaxe, organizada polo recentemente creado Club Aura e o Concello.
Os campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo alcanzaron o seu punto final tras máis de dous meses de actividades en diferentes quendas cunha participación de 300 pequenos. Unha festa con inchables e aperitivos no colexio Sofía Casanova de Vilaboa serviu para celebrar a súa conclusión.
O Concello de Culleredo acorda coa empresa adxudicataria das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro unha serie de medidas para respectar ao máximo as festas veciñais da parroquia, que terán lugar entre o sábado 31 e o luns 2 próximos.
O goberno de Culleredo incluíu ás Bibliotecas Municipais entre as opcións de actividades de verán de que dispuxeron os veciños. A sala infantil da Biblioteca do Burgo levou a cabo un programa de talleres que rematou onte.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER