O paseo marítimo do Burgo será escenario este venres, día 13, e o sábado 14, do festival-romaría que organiza a agrupación Catalmibre Tradicional, e o Concello de Culleredo. Unha proposta de música e de encontro entre amigos e familias nunha paraxe ideal.
O Concello de Culleredo conmemora esta semana o X Día Mundial do Linfoma cun programa de actos que desenvolve de forma conxunta coa Asociación Española de linfoma, mieloma e leucemia (AEAL).
O Concello de Culleredo recibiu a visita institucional do novo brigada xefe da área de Prevención de Delincuencia da Garda Civil de Culleredo, Jorge Longueira. Foi recibido polo alcalde en funcións, José Ramón Riobóo, quen lle expresou os mellores desexos na súa nova andaina.
O Concello de Culleredo inicia as obras de remodelación das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. O goberno local levará a cabo un plan especial de tráfico na zona habilitándose o acceso a residentes por Sanjurjo de Carricarte desde a avenida de Ribados.
O Concello de Culleredo acometeu a mellora do firme nunha das rúas máis céntricas do núcleo urbano do Burgo. Trátase da rúa Templarios, situada a escasos metros da ponte romana da ría.
O Concello de Culleredo imparte desde o sábado unha formación aos aspirantes a voluntarios de Protección Civil de diferentes agrupacións da provincia. A Axencia Galega de Seguridade demostra a confianza na labor dos efectivos municipais cullerdenses.
O goberno de Culleredo lanza un programa de actividades sociais ampliado e co claro obxectivo de atender os ámbitos máis sensibles para os veciños de todas as idades do municipio. A oferta reúne un total de 32 propostas con diferentes grupos e horarios en centros sociais da zona urbana e tamén do rural.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER