A entrada peonil ao CEIP Sofía Casanova restablécese este luns, 21 de outubro, tras o peche provisional efectuado polas obras do parque. Completada a aplicación de formigón no acceso para permitir a entrada segura, os alumnos e pais xa poderán volver usar esta porta.
A crise non frea o investimento do Concello de Culleredo a favor do tecido asociativo do municipio. O goberno municipal cifra en 300.000 os euros dedicados ao mantemento das entidades e á realización dos seus diferentes programas e actividades.
A Concellaría de Sanidade e ASEM desenvolven o I Ciclo Formativo Sociosanitario no municipio. A terceira xornada deste ciclo versou sobre os hábitos posturales saudables e as regras para a vida diaria. Celebrouse no Pazo de Vila Melania.
O Concello e asociación Adicae celebraron en Vilaboa unha xornada para abordar o papel dos consumidores na situación económica actual. A concelleira de Sanidade, Penélope López, presentou a “Xornada sobre asociacionismo e participación cidadá no ámbito do apoio aos consumidores”.
A remodelación do parque Sofía Casanova, de Vilaboa, que leva a cabo o Concello de Culleredo, obriga a establecer, de forma provisional, a entrada para peóns pola porta principal, quedando deshabilitado o acceso peonil desde o parque, para garantir a seguridade de alumnos e pais. A Policía Local vixiará o cambio.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER