O paseo do Burgo acolle o venres e sábado un festival-romería aberto aos veciños

O paseo marítimo do Burgo será escenario este venres, día 13, e o sábado 14, do festival-romaría que organiza a agrupación Catalmibre Tradicional, que celebra o seu X aniversario, en colaboración co Concello de Culleredo. Unha proposta de música e de encontro entre amigos e familias nunha paraxe ideal.

O evento comezará o venres ás 21.00 horas co festival folk. O cartel componse de catro grupos: Mini e Mero da Quenlla, Leirabuxo, os Milesiáns, e Samarúas.

O festival será o apertivo da gran romaría do sábado, que se desenvolverá a partir das 13.00 horas. As agrupacións Chorima, de Rois, Andaina, de León, e Catalmibre, de Culleredo encabezarán as actuacións.

Pero a participación dos asistentes é o que busca Catalmibre e a Concellaría de Cultura cullerdense. Así, o público está convidado a levar o seu instrumento e subir a tocar ao longo da xornada.

E como se trata dunha romaría, o Concello insta os asistentes a levar a súa comida e aproveitar a contorna natural xunto á ría (o evento ten lugar na zona arboreda fronte á Cros) ou a gozar do churrasco do bochinche, a 6 euros a ración con pan e viño. As canas e licores do país, así como a larpeira, estarán a 1 euro durante toda a fin de semana.

Con todo, a idea consiste en que a gaita, a percusión, o canto e o baile alaguen o sábado xunto á ría.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, anima aos veciños a formar parte deste festival-romaría tan propio de Galicia e nun espazo tan adecuado como o paseo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina