O Concello organiza cursos de fotografía e de primeiros auxilios para mozos

O Concello de Culleredo pensa tamén na mocidade coa chegada do verán. No mes de xullo, a Concellaría de Xuventude propón  un taller de iniciación á fotografía dixital e un curso de primeiros auxilios. O goberno municipal ten aberta a inscrición a ambas as accións.

Culleredo inicia os campamentos de verán baseados na máquina do tempo

O Concello de Culleredo comeza a súa tempada de campamentos urbanos de verán, unha alternativa para a conciliación a través da educación que reunirá até setembro a 300 pequenos. O goberno de Culleredo estruturou os campamentos en diferentes quendas de datas e de diferente duración, habendo desde campamentos dunha semana ata de cinco.

Os alumnos de A Escada celebraron onte o fin de curso

O centro municipal da Escada, que ofrece formación ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, celebrou  onte martes 25 a súa festa de fin de curso. Reuniu aos alumnos e as súas familias para o festexo. A concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, e a de Sanidade, Penélope López, participaron no festexo.

Culleredo ofrece clases públicas de reforzo en verán para aplacar o fracaso escolar e preparar o título de ESO

O goberno de Culleredo combate o fracaso escolar cun programa público de apoio aos escolares durante o verán. Trátase dunha serie de talleres encamiñados a apoiar e colaborar cos alumnos cullerdenses que teñen materias pendentes para os exames de setembro ou ben que desexan mellorar as súas técnicas de estudo.Tamén ofertánse clases dirixidas a mozos para a obtención do título graduado en Educación Secundaria. O prazo de matrícula está aberto ata este venres 28 de xuño.

O Concello formará a 45 desempregados en tres cursos de cualificación profesional

O Concello de Culleredo impartirá unha formación destinada á cualificación profesional de 45 veciños en situación de desemprego. A hostalaría, a carpintaría e os servizos sanitarios serán os ámbitos de formación, que o goberno local considera que se adapta a algunhas das necesidades do mercado laboral. Os participantes serán seleccionados polo INEM.

O Concello prepara a roza de 164 quilómetros de 282 estradas locais

O Concello de Culleredo levará a cabo unha ampla campaña de roza polas estradas municipais de todas as parroquias. Abarcará a 164 quilómetros de 282 estradas municipais situadas en todas as parroquias. O goberno local tramita a contratación destes traballos para que poidan comezar de inmediato, cun investimento municipal que roldará os 40.000 euros.

Culleredo e ADICAE organizan unha xornada sobre as preferentes

O Concello de Culleredo leva a cabo accións dirixidas aos consumidores. O vindeiro xoves 20 de xuño, ás 19.00 horas, no Pazo de Vila Melania, organiza coa Asociación de usuarios de banca e caixas de aforros (ADICAE) organizan unha xornada informativa sobre as preferentes, cuestión que preocupa na actualidade a moitas persoas.

O goberno de Culleredo pediu a Sanidade melloras para o centro de Acea de Ama

O goberno de Culleredo demanda melloras na atención sanitaria do centro de saúde de Acea de Ama. O alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, desprazáronse ao Hospital Universitario da Coruña para manter unha reunión co director da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Francisco José Vilanova, acerca do presente e futuro do servizo sanitario no municipio.

Culleredo e ASEM comezan esta semana un ciclo formativo sobre vida independiente

O Concello de Culleredo inicia esta semana o primeiro ciclo formativo sociosanitario sobre vida independente. Organízase en colaboración coa Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM). Comeza o venres 21 de xuño e continuará ata o mes de xaneiro de 2014, no Pazo de Vila Melania.  A inscrición está xa aberta.

O Concello inicia o servizo de aluguer de bicicletas cun horario de 9.00 a 21.00 horas

O servizo municipal de aluguer de bicicletas inicia tempada. As bicicletas atópanse xa aparcadas nos tres puntos habilitados: o paseo marítimo xunto á urbanización A Ría; o paseo do Burgo xunto á ponte sobre a ría; e o paseo do río Trabe en Vilaboa. Cada un dispón dunha pantalla intelixente para acceder ao aluguer mediante a traxeta do servizo. O servizo estará aberto ata o 15 de outubro e ofrece un horario continuado de 12 horas ao día: de 9.00 a 21.00 horas.

Gran concerto de fin de curso dos alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

O Conservatorio Municipal de Música do Concello de Culleredo despediu o curso 2012/2013 cun concerto especial celebrado no Auditorio Gustav Mahler do centro. Nesta clausura da temporada participaron os  coros e as orquestras de Grao Elemental e Grao Profesional do Conservatorio e a Big Band, que ofreceron ao público un repertorio cos diferentes rexistros que dominan.

O goberno de Culleredo potenciará o comercio local con melloras urbanas, campañas e eventos

O plan de dinamización comercial do goberno de Culleredo pasa pola mellora urbana dos focos de negocios e a organización de eventos que promovan as compras no municipio. A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, e o edil de Dinamización Local, Juan Carlos Lovelle, expuxeron á Mesa de Comercio as accións inmediatas que prepara o Concello.

A maior demanda que número de prazas constata a urxencia dun novo colexio e instituto

O goberno de Culleredo esixe celeridade á Xunta de cara a construír o novo colexio e instituto que eviten a maior saturación das aulas. A Mesa de Escolarización da resposta a todos os nenos de Culleredo, pero a demanda supera ao número de prazas existentes, o que obliga á Xunta a habilitar aulas provisionais no CEIP Ría do Burgo e no IES Blanco Amor.

O goberno municipal potenciará a participación dos maiores para escoitar as súas propostas

O goberno local de Culleredo busca a participación activa dos maiores na vida do municipio. O Concello celebrou unha reunión cos delegados parroquiais, encontros que anuncia que intensificará para escoitar as súas propostas de primeira man e poder levalas a cabo. No encontro, os maiores xa trasladaron ideas coma a recuperación dos bailes os fins de semana e a impartición de clases de informática na aula de Vilaboa, cuestións que o Concello espera atender en breve prazo.

O Concello renovará o parque Sofía Casanova de Vilaboa

O goberno de Culleredo, na súa política de destinar os principais investimentos ás infraestruturas básicas e actuacións prioritarias para os veciños, remodelará o parque Sofía Casanova de Vilaboa. O espazo foise deteriorando conforme o paso do tempo, polo que os traballos consistirán na sía limpeza, arranxos na pasarela, renovación do céspede sistético, plantación de árbores e colocación de mobiliario urbano.

Gran final do XIII Campionato de Tute este venres 14 en Celas

O XIII Campionato de Tute do Concello de Culleredo chega á sua gran final. Terá lugar o venres 14 de xuño a partires das 21.00 horas no Centro Social Torre de Celas. A final enfrontará á parella formada por Miguel e Baldo contra a formada por Evaristo e Antonio.

O Clube de Chave O Xismo, campión do XXXII Torneo de Chave do Concello de Culleredo

O Clube de Chave O Xismo resultou vencedor do Torneo de Chave que organizou o sábado o Concello de Culleredo, e que alcanzou este ano a súa XXXII edición, baixo a dirección técnica do Clube de Boedo, onde tivo lugar a cita.
 

O goberno de Culleredo potencia a coordinación entre Policía Local e Garda Civil

O goberno municipal de Culleredo, a Garda Civil e a Policía Local mantiveron un encontro para reforzar a colaboración en materia de seguridade. O Concello considera fundamental, tanto para a prevención, como para o esclarecemento dos delitos, a coordinación dos Corpos e Forzas de Seguridade. Para iso celebraranse reunións semanais entre os responsables da Garda Civil e da Policía Local.

O Festival municipal de ximnasia rítmica xuntará a 70 ximnastas o domingo no Burgo

O Concello de Culleredo celebra o domingo 9 de xuño o seu Festival municipal de Ximnasia Rítmica, que alcanza este ano a súa XVIII edición. Terá lugar a partir das 11.00 horas no polideportivo municipal do Burgo. A Concellería de Deportes estima que a participación no festival será de 70 ximnastas.

O torneo de chave do Concello de Culleredo reúne o sábado 8 a 100 participantes

O Concello de Culleredo reunirá este sábado, 8 de xuño, a 100 participantes no Torneo de Chave que alcanza a súa XXXII edición. Terá lugar no campo de Boedo a partir das 17.30 horas. A dirección técnica corre a cargo do Club de Chave Boedo e a “Irmandade de Chave”. Participan un total de 10 agrupacións.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina