O goberno de Culleredo potencia a coordinación entre Policía Local e Garda Civil

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable da área de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, mantiveron unha reunión co tenente do posto da Garda Civil de Culleredo, Antonio Táboas, acompañados polo alférez, e o xefe da Policía Local de Culleredo.

A reunión serviu como toma de contacto do novo edil de Seguridade Cidadá e para reforzar a colaboración entre ambas as institucións. O goberno de Culleredo quere manter esta relación fluída a efectos de garantir a seguridade dos seus cidadáns e potenciar o traballo coordinado entre todas as forzas de seguridade do municipio.

O encontro propiciou facer un repaso dos temas máis importantes en materia de seguridade no municipio e comprobar que o índice de delincuencia non se incrementou en xeral, a pesar da actuación ocasional de bandas organizadas. Púidose comprobar tamén o alto índice de esclarecementos dos delitos.

O goberno de Culleredo, considera fundamental, tanto para a prevención, como para o esclarecemento dos delitos a colaboración veciñal e a colaboración e coordinación dos Corpos e Forzas de Seguridade. Para iso celebraranse reunións semanais entre os responsables da Garda Civil e da Policía Local que servirán para reforzar a colaboración.

O Concello, a Garda Civil e Policía Local mostraron a súa satisfacción polos éxitos alcanzados nas últimas semanas na persecución e prevención dos delitos.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina