O Concello formará a 45 desempregados en tres cursos de cualificación profesional

O Concello de Culleredo logra a concesión por parte da Consellería de Traballo de tres accións formativas destinadas á cualificación profesional de veciños en situación de desemprego. O programa de formación, cun total de 1.314 horas, beneficiará a 45 persoas en paro.

As accións que impartirá o Concello de Culleredo son as seguintes:

  • Operacións básicas de restaurante e bar, con 308 horas de duración
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaría, con 538 horas de duración
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, con 468 horas de duración.

Cada un dos cursos admitirá a 15 alumnos para formarse nuns ámbitos que o Concello considera que se adapta a algunhas das necesidades do mercado laboral. O desenvolvemento destas iniciativas formativas supón un investimento de 126.885,37 euros, financiada por Traballo.

O goberno municipal prevé que as accións comecen a impartirse a mediados do mes de xullo. A Concellaría de Formación apostou por dedicar o plan de formación a áreas que contan con oportunidades reais de emprego.

O Concello de Culleredo considera que debe efectuar o máximo esforzo, dentro das súas competencias, para apoiar aos desempregados do municipio. Neste sentido, o goberno de Culleredo apunta á formación como instrumento idóneo para a capacitación profesional.

Os participantes serán seleccionados polo INEM. Aqueles veciños que estean interesados no programa formativo poden recibir máis información no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, situado no Burgo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina