O Concello de Culleredo emprende un ambicioso plan de formación en primeiros auxilios para que deportistas, técnicos, directivos e familiares saiban como actuar ante as incidencias que se poidan producir no transcurso dun partido de fútbol. Trátase dunha acción que executa Protección Civil, tras o acordo alcanzado entre o goberno local e a directiva do Sporting Burgo.
O Concello colaborou coa Academia Galega de Seguridade no curso que se acaba de impartir na base de Protección Civil en Culleredo. Nesta ocasión, o obxectivo consistiu preparar aos efectivos para os labores de intervención ante accidentes de estrada.
A Policía Local de Culleredo conta desde agora cun parque móbil máis grande e con mellores prestacións. O Concello presentou de forma oficial os catro novos coches patrulla, que xa os axentes utilizan no seu traballo de seguridade polo municipio.
O salón de plenos do Concello de Culleredo foi o escenario do solemne acto de incorporación de 11 novos voluntarios a Protección Civil. Son 11 mozos veciños que deciden dedicar parte do seu tempo libre a colaborar coas forzas de seguridade no apoio e protección do cidadán.
Protección Civil crece en Culleredo. O Concello logra a incorporación de 11 novos voluntarios á agrupación, un número moi superior ao que se produce de forma habitual cada ano. Acaban de superar o curso básico de iniciación ao servizo, concedido pola Axencia Galega de Seguridade ao Concello.
O goberno de Culleredo segue apostando pola formación como camiño para garantir a calidade do servizo de Protección Civil. Neste caso, o curso básico de primeiros auxilios reuniu a un total de 26 voluntarios das distintas agrupacións da comarca.
O Concello de Culleredo pide aos veciños que adopten medidas preventivas para evitar unha posible estafa na revisión do gas. Segundo tivo coñecemento o Concello, nas pasadas datas tiveron lugar intentos de estafa desta forma na zona rural do municipio.
O goberno de Culleredo quere apostar de forma decidida por reforzar os servizos de seguridade cidadá no municipio. E o plan do Concello inclúe para este ano unha notable mellora dos equipamentos, con obxecto de potenciar o "Culleredo seguro", lema que locen desde hai semanas os vehículos da Policía Local cullerdense.
Ante o temporal, con alerta laranxa decretada, que se prevé para o venres 7 de febreiro, o Concello de Culleredo, tomará diferentes medidas para evitar riscos na poboación. Suspéndense actividades ao aire libre e pecharase o acceso a parques, carril bici ou pista de skate.
O goberno de Culleredo abre as rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte á entrada de vehículos para impulsar a actividade comercial da zona. Ambas as rúas converteranse en semipeoniis en horario de 9.00 a 21.00 horas para habilitar unhas novas prazas de aparcadoiro exprés que permitan aos cidadáns a realización de compras nos negocios locais.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER