O goberno local incrementará os equipos e parque móbil de Policía Local e Protección Civil

O goberno de Culleredo quere apostar de forma decidida por reforzar os servizos de seguridade cidadá no municipio. E o plan do Concello inclúe para este ano unha notable mellora dos equipamentos, con obxecto de potenciar o "Culleredo seguro", lema que locen desde hai semanas os vehículos da Policía Local cullerdense.

O alcalde, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, acordaron un conxunto de actuacións coa intención de reforzar tanto a Policía Local como o servizo municipal de Emerxencias de Protección Civil.

O Concello mellorará este ano tanto o parque móbil como o equipamento das forzas de seguridade. No primeiro caso, o goberno local investirá na adquisición de catro coches patrulla e catro motocicletas para a Policía Local e dun camión de bombeiros e unha pick-up no caso de Protección Civil.

En materia de equipamento, o Concello renovará o vestiario dos policías municipais, adquirirá chalecos antibala e mellorará o equipo de transmisión. Os efectivos de emerxencias contarán con diverso material novo, como novos extintores traxes ignífugos ou un desfibrilador.

Tamén os voluntarios de Protección Civil disporán de melloras. Contarán con novas bicicletas para desenvolver as súas tarefas de apoio ao cidadán nas áreas verdes, un dos labores demandados e valorados polos veciños.

"Dispor dun amplo servizo municipal de emerxencias permite levar a cabo intervencións rápidas ante as posibles incidencias, reducindo a dependencia dos servizos comarcais", apunta o primeiro tenente de alcalde. Rioboo destaca os diferentes sucesos abordados este ano de forma inmediata por Protección Civil, como incendios ou atencións en caso de accidentes de tráfico.

Tanto o alcalde como o primeiro tenente de alcalde mostran a súa "total satisfacción" co traballo das forzas de seguridade presentes no municipio e os resultados que están a cultivar. Destacan a súa "perfecta coordinación" co cuartel da Garda Civil que está a proporcionar grandes logros en materia de investigación e esclarecemento de diferentes delitos.

"Culleredo está á cabeza no esclarecemento de diferentes sucesos dada a gran profesionalidade que están a demostrar tanto os policías locais como os gardas civís", asegura Rioboo. O primeiro tenente de alcalde quere felicitar ao tenente do Posto da Garda Civil e o xefe da Policía Local pola excelente colaboración e coordinación están a ter en favor da seguridade dos veciños do Concello.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina