Protección Civil incorpora a 11 voluntarios ao servizo

Protección Civil crece en Culleredo. O Concello logra a incorporación de 11 novos voluntarios á agrupación, un número moi superior ao que se produce de forma habitual cada ano.

E o primeiro paso antes da incorporación dos mozos voluntarios é a formación. O Concello desenvolveu desde o pasado venres ata o domingo un curso básico de iniciación ao servizo, concedido pola Axencia Galega de Seguridade.

De feito, estes cursos normalmente realízanse na sede da Academia, na Estrada. Pero dado que a maioría de alumnos eran cullerdenses, a Academia concretou co Concello que se impartise na sede de Protección Civil de Culleredo.

Ata alí desprazáronse o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, que quixeron apoiar in situ aos novos voluntarios. Estiveron acompañados do concelleiro de Protección Civil, Alberto Veira.

"Facedes unha labor hoxe en día fundamental para a seguridade cidadá", manifestou Sacristán aos alumnos. O alcalde agradeceu aos mozos a súa "implicación social" ao decidir dedicar parte do seu tempo a axudar ao cidadán.

Polo seu lado, Rioboo resaltou o importante complemento que supón para Protección Civil contar cun "equipo amplo e traballado" de voluntarios. O primeiro tenente de alcalde avanzou que estes 11 voluntarios, unha vez completada esta formación, xa poden empezar a colaborar co corpo. Iso si, nos seus primeiros 6 meses estarán tutelados por voluntarios veteranos.

Con este ingreso de 11 novos voluntarios, a agrupación pasa a contar con 34. O goberno municipal apostou nos últimos meses pola mellora do equipamento, o que se traduciu nunha mellora das condicións de traballo, "clave" para este auxe de formar parte do corpo, apunta Veira.

O concelleiro sinala que se acaban de levar a cabo melloras na dotación do vestiario, así como a adquisición de elementos como un compresor de aire respirable para as bombonas de osíxeno. Ademais, o Concello ten en licitación a adquisición, mediante renting, dun novo camión motobomba. "Cremos en Protección Civil como un servizo imprescindible para o veciño e por iso estamos a investir decididamente", afirma.

O curso, de 21 horas de duración, contou cunha vintena de alumnos, procedentes de Culleredo, Cambre, Mazaricos, Bergondo e Cabana de Bergantiños.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina