Suspensión de actividades ao aire libre o venres 7 de febreiro

Ante o temporal, con alerta laranxa decretada, que se prevé para hoxe, venres 7 de febreiro pola tarde e noite, o Concello de Culleredo, tomará diferentes medidas para evitar riscos na poboación.

A Concellería de Seguridade Cidadá manterá un dispositivo especial do servizo municipal de Protección Civil ante o mal tempo. Os efectivos estarán alerta para apoiar ante as incidencias que podan surxir. Pecharanse os parques infantís e biosausables, carril bici, ou pista de skate.

Procederase á suspensión das actividades ao aire libre nas seguintes instalacións:

  •     Campo de fútbol de Rutis
  •     Campo de fútbol do Burgo
  •     Campo de fútbol de Tarrío
  •     Campo de fútbol 7 das Brañas

Ademais non se poderán realizar actividades nas polideportivas descubertas do municipio.

Con estas medidas, o Concello quere garantir a seguridade dos veciños dadas as malas condicións meteorolóxicas previstas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina