Culleredo recibe a 11 novos voluntarios para Protección Civil

O salón de plenos do Concello de Culleredo foi o escenario do solemne acto de incorporación de 11 novos voluntarios a Protección Civil. Son 11 mozos veciños que deciden dedicar parte do seu tempo libre a colaborar coas forzas de seguridade no apoio e protección do cidadán.
 
"Sodes un exemplo para a sociedade", afirmou o alcalde, Julio Sacristán, que presidiu o acto xunto con José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, e Alberto Veira, concelleiro de Protección Civil. Un a un, os voluntarios recibiron a benvida ao Concello. As 11 incorporacións son:

  • María del Carmen Ruiz Galián.
  • Noemi Layús Quiroga
  • Patricia Andrade Martínez.
  • Kelly Yovana Rosende Señarís.
  • Néstor Álvarez Baltar.
  • Leticia Fernández Presa.
  • María Laura Álvarez González.
  • Lara María Rodríguez Iglesias.
  • Raquel Varela Allo.
  • Humberto José Guimaraes Crespo
  • Cristian Vidal Uzal.

Os voluntarios xa comezaron o seu traballo. Púidoselles ver apoiando o dispositivo no pasado Mercado Medieval e nos campamentos de verán do Concello. Por agora, os primeiros meses, irán sempre tutorizados.

O respaldo nos eventos de grandes concentracións de persoas será un dos seus principais labores. De feito, de cara ás festas de Vilaboa participarán nos dispositivos especiais.

"Cada día os voluntarios de Protección Civil terán máis presenza, son un eixo fundamental da seguridade cidadá e potenciarémolo, tendo en conta ademais que é unha competencia municipal", sinala Sacristán. O primeiro edil anuncia que a formación seguirá incrementándose para capacitar o labor do voluntario. Proba diso é o curso de iniciación que hai dúas semanas superaron os mozos que hoxe se incorporan formalmente á agrupación.

Pola súa banda, Rioboo destacou o impulso no "investimento continuado" en materia de seguridade que promove o goberno local. No que levamos de 2014, a contía destinada a novos materiais rolda os 10.000 euros. E está en tramitación a adquisición dun vehículo de intervención con motobomba.

O concelleiro de Protección Civil explicou que en 2013 foron 2.372 as horas de traballo de voluntarios de Protección Civil, que se prevé que se incrementen en 2014. Veira enxalzou a seguridade que proporciona ao veciño un servizo con medios, xa que permiten que Protección Civil sexa a primeira forza en chegar a moitas intervencións.

No acto, así mesmo, procedeuse a entregar as divisas aos dous Xefes de Unidade que actualmente exercen como tal dentro deste colectivo de voluntarios. En data de marzo de 2014, foron ratificados pola Asemblea da AVPC de Culleredo, os titulares das Xefaturas das Unidades Sanitaria e de Intervención.

Os cargos foron elixidos as candidaturas presentadas en base aos seus currículos e os proxectos que acompañaban. Son responsabilidades que adquiren voluntariamente para mellorar a formación dos seus compañeiros nas materias concretas de cada unidade, crear protocolos de traballo, e no control, mantemento e mellora dos medios e equipos propios da unidade:

  • Xefe da Unidade Sanitaria: Iván Naya Rumbo, voluntario desde o ano 1994.
  • Xefe da Unidade de Intervención: David Castro Naveira, voluntario desde 2009.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina