Sanidade

Culleredo e ASEM comezan esta semana un ciclo formativo sobre vida independiente

O Concello de Culleredo inicia esta semana o primeiro ciclo formativo sociosanitario sobre vida independente. Organízase en colaboración coa Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM). Comeza o venres 21 de xuño e continuará ata o mes de xaneiro de 2014, no Pazo de Vila Melania.  A inscrición está xa aberta.

Culleredo pon en marcha talleres de apoio para persoas con cancro e as súas familias

O goberno de Culleredo, a través da colaboración coa asociación AEAL, inicia un programa complementario aos servizos que proporciona o sistema galego de saúde con obxecto de ofrecer o apoio psicolóxico que poden necesitar as persoas con cancro e  a súa contorna. O taller comezou esta semana e desenvólvese todos os martes e xoves, ás 8 da tarde, no Centro de Servizos Sociais de Vilaboa (xunto á parada de taxis).

O Concello e Alma proxectan "A educación prohibida" para promover a crianza saudable

O Concello de Culleredo e a asociación Alma organizan a proxección do documental sobre crianza "A educación prohibida". A actividade quere fomentar unha educación en saúde desde os primeiros meses e anos de vida dos menores. A proxección terá lugar o 31 de maio ás 18.00 horas no Pazo de Vila Melania. É aberta ao público e gratuíta.

O Concello e Asgate forman en primeiros auxilios a 200 alumnos de bacharelato

O luns 6 de maio comezan os obradoiros básicos de primeiros auxilios para alumnos e alumnas de bacharelato e Programas de Cualificacións Profesionais Iniciais (PCPIs) do IES Universidade Laboral de Culleredo. A iniciativa, organizada polo Concello de Culleredo e a Asociación Galega de técnicos de emerxencias (Asgate) radicada no municipio, ten como finalidade trasladar ao alumnado aprendizaxes básicos no eido das emerxencias sanitarias.

O Concello celebra un obradoiro de alimentación para familia e adolescentes

O Concello promove o obradoiro "O teu prato de presentación", no que se abordarán conceptos básicos sobre alimentación e hábitos saudables. A iniciativa, dirixida ás familias e aos adolescentes, ten como finalidade a de desenvolver habilidades sociais positivas nos participantes así como a mellora do funcionamento familiar (comunicación, reparto de tarefas domésticas, etc...). Levarase a cabo os días 30 de abril e o 7,14,21 e 28 de maio.

Vilaboa acolle unha xornada sobre os trastornos de personalidade

O Concello de Culleredo e a Asociación galega para a asistencia e a investigación dos trastornos de personalidade (Asociación TP) organizan unha xornada informativa baixo o título: "Trastornos de personalidade: Rachando cos mitos".  Terá lugar o día 23 de abril, ás 19:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Vilaboa.

 

O Concello e ANHIDA Coruña imparten charlas aos pais e nais sobre educación sexual

O Concello de Culleredo e a asociación ANHIDA Coruña organizan desde mañá unhas xornadas sobre a comunicación entre pais, nais e fillos e fillas acerca de educación sexual. Desenvolveranse os venres 12 e 19 de abril no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) en horario de 18.30 a 20.00 horas. A actividade está aberta a toda a poboación de forma gratuíta.

Vilaboa acolle o sábado a I Xornada Formativa de Actualización en Lactación Materna

A asociacióm ALMA, en colaboración co Concello de Culleredo, organiza o vindeiro sábado 16 a I Xornada Formativa de Actualización en Lactación Materna. Terá lugar en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), da man de Natalia Pérez, matrona e Consultora de Lactancia Certificada.
 

Culleredo convértese en “Localidade Solidaria co Alzheimer” tras o apoio unánime do pleno

O Concello de Culleredo sumarase á iniciativa “Localidades Solidarias co Alzheimer”. O documento, defendido pola primeira tenente de alcalde e proposto pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL), obtivo o respaldo unánime do pleno municipal celebrado o pasado 31 de xaneiro.

O Concello promove coa asociación AEAL seminarios online de formación en cancro

Con motivo do Día Mundial do Cancro, o vindeiro día 4 de febreiro, a Concellaría de Sanidade, no marco do convenio que o Concello de Culleredo ten coa Asociación Española de afectados por linfoma, mieloma e leucemia (AEAL), invita aos cidadáns a participar na actividade "Formación en cáncer 2.0".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina