O Concello celebra un obradoiro de alimentación para familia e adolescentes

O Concello de Culleredo, dentro da liña estratéxica de  fomento de hábitos saudables e prevención de trastornos adictivos que sigue a Concellaría de Sanidade, promove o obradoiro titulado "O teu prato de presentación", no que se abordarán conceptos básicos sobre alimentación e fomento de hábitos saudables.

A iniciativa, dirixida ás familias e aos adolescentes, ten como finalidade a de desenvolver habilidades sociais positivas nos participantes así como a mellora do funcionamento familiar (comunicación, reparto de tarefas domésticas, etc...).

A actividade consta de 5 sesións, eminentemente prácticas, e levarase a cabo os días 30 de abril e o 7,14,21 e 28 de maio, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Vilaboa e na cociña do Centro Ocupacional A Escada.

Será impartida por técnicos municipais da área de Benestar Social e contarase coa colaboración dunha persoa voluntaria da Oficina Municipal.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina