Culleredo e ASEM comezan esta semana un ciclo formativo sobre vida independiente

O Concello de Culleredo, consciente das necesidades que teñen os veciños en situación de dependencia, ademais das axudas que proporciona, desenvolve iniciativas que procuren unha mellora da súa calidade de vida. Entre elas atópase a programación de accións formativas que capaciten ás persoas encargadas dos coidados.

Así, a Concellaría de Sanidade que dirixe Penélope López, inicia esta semana o primeiro ciclo formativo sociosanitario sobre vida independente. Organízase en colaboración coa Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM), coa que o Concello de Culleredo ten asinado un convenio.

O ciclo, que comeza o venres 21 e continuará ata o mes de xaneiro de 2014, ten como finalidade a de formar a profesionais, familiares e persoas en situación de dependencia sobre hábitos, axudas técnicas, ou recursos que melloren a autonomía das persoas e apoien á labor de coidado.

A iniciativa desenvolverase no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), nas seguintes datas, horarios e contidos:

  • 21 de Xuño ás 16:30: “Produtos de soporte de baixo custe en tempos de crise”.
  • 20 de Setembro ás 16:30: “Hábitos posturais para a vida diaria: normas básicas”.
  • 18 de Outubro ás 16:30: “As salas Snoezelen. Un mundo para a estimulación multisensorial”.
  • 22 de Novembro ás 16:30: “Recursos TIC e novas tecnoloxías adaptadas ás persoas con discapacidade”.
  • 13 de Decembro ás 16:30: “O deporte adaptado”.
  • 17 de Xaneiro ás 16:30: “Terapia asistida con animais de compañía”.

O ciclo contará con persoal docente especializado que procede do ámbito da terapia ocupacional e da atención profesional á dependencia. Todo o persoal pertence ao voluntariado da Asociación Asem.

Para a asistencia ao ciclo formativo, as persoas interesadas deben inscribir previamente no teléfono 981 654 570 ou no correo electrónico sanidade@culleredo.org. Todas aquelas persoas que asistan ao 100% das sesións, recibirán un diploma acreditativo. A inscrición é gratuíta.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina