O Concello e Alma proxectan "A educación prohibida" para promover a crianza saudable

O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Sanidade, aposta polo traballo conxunto con asociacións do municipio para promover programas para a educación para a saúde. Nese sentido enmárcase a colaboración que se desenvolve coa entidade cullerdense Alma (Apoio á lactación materna), que impulsa a crianza saudable.

Con este obxectivo, o Concello e Alma organizan a proxección do documental sobre crianza "A educación prohibida". A actividade quere fomentar unha educación en saúde desde os primeiros meses e anos de vida dos menores.

"A educación prohibida" está considerada como a primeira película en español estreada financiada integramente mediante o modelo de crowdfunding. O documental divídese en 10 episodios temáticos que abordan diversos aspectos das prácticas educativas para crecer con saúde e nun contexto saudable.

A proxección terá lugar o 31 de maio ás 18.00 horas no Pazo de Vila Melania. É aberta ao público e gratuíta.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina