As ANPA de Culleredo, co apoio do Concello, reclaman á Xunta de Galicia medidas para incrementar a seguridade do alumnado de Infantil e Primaria no inicio do curso escolar.
O Concello de Culleredo informa de que na noite de hoxe, martes 1 de setembro, permanecerá sen servizo parte da iluminación pública da avenida Niceto Alcalá-Zamora por motivo das obras nun establecemento industrial que se está a construír na contorna.
O Concello de Culleredo informa de que o próximo día 1 de setembro abrirase de novo a Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, situada en Vila Melania. O horario será de 9.00 a 14.00 horas.
O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a rúa Profesor Tierno Galván desde mañá xoves 27 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.
O Concello de Culleredo pon a disposición da veciñanza a preinscrición para as escolas municipais durante o vindeiro curso.
Un total de 36 núcleos do Concello de Culleredo pasarán a ter fibra óptica grazas a actuacións enmarcadas en senllos plans dos gobernos autonómico e central. “O Concello recibiu numerosas consultas dos cidadáns e intercedió coas principais operadoras para o desenvolvemento destas ampliacións”, destacou o alcalde, Jose Ramón Rioboo.
O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a avenida de Rutis desde o vindeiro luns 10 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.
O Concello de Culleredo celebrará a sesión plenaria ordinaria mañá, xoves 30 de xullo, na que se tratarán os seguintes puntos:
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER