O Concello presentou esta mañá a súa ‘Culleredo en escena’, a programación cultural que dará comezo en setembro e estenderase ata marzo do 2021. Dentro do amplo programa de eventos encádrase o ‘I Ciclo Cultura Con Conciencia’ para público familiar e adulto.
O Concello de Culleredo está a preparar un servizo de atención cidadá 010 para dar cobertura ás demandas dos veciños e veciñas con horario ampliado. Contémplase tamén a mellora da sede electrónica, dentro dun proxecto que estará listo no primeiro semestre de 2021.
O Concello de Culleredo celebra mañá unha sesión plenaria que terá lugar na Casa do Concello ás 10:00 horas.
O Concello de Culleredo impulsa unha programación cultural especial para este verán, adaptada ao contexto da COVID-19. Trátase do ciclo 'Concertos con vida', que se desenvolverá durante varios venres desde o 24 de xullo ata o 28 de agosto.
O Concello de Culleredo amosa o seu apoio á veciñanza que se atopa en situación de risco social. O goberno local efectuou a contratación de 10 persoas para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
O Concello de Culleredo impulsará durante os meses de xullo e agosto os talleres lúdico educativos, baixo as denominacións 'Menuda tribo', ‘Cullernautas’ e ‘Somos unha piña’. Estarán dispoñibles en tres quendas: a do 20 ao 31 de xullo; a do 3 ao 14 de agosto e a do 17 ao 28 de agosto.
O vindeiro xoves, 25 de xuño, terá lugar a sesión ordinaria do Pleno do Concello de Culleredo, ás 13:30 horas e que se poderá seguir en vivo a través da canle oficial de YouTube.
Podes acceder a canle premendo aquí
O Concello de Culleredo ofertará actividades infantís para a conciliación durante o verán. A emerxencia sanitaria polo COVID-19 impediu a organización dos habituais campamentos nos colexios, pero para proporcionar outra opción ás familias o goberno local impulsa estes obradoiros lúdico-educativos.
O Concello de Culleredo fai saber, mediante a emisión do presente bando, que non estarán permitidas as lumeiradas en espazos públicos para este San Xoán.
Hoxe, luns 15 de xuño, celebrouse unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 10:00 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER