Culleredo dá comezo ao programa formativo en horticultura ecolóxica

Unha vez efectuado o sorteo público do 23 de febreiro para seleccionar ao alumnado participante, o  Concello de Culleredo, a través do servizo de Dinamización, Formación e Emprego dá comezo o proxecto de formación para sustentabilidade ambiental, que promove a formación, plantación e produción de horticultura ecolóxica, constituíndose como unha actividade lúdico-educativa enfocada a veciñas e veciños do municipio co fin de fomentar a participación cidadá na recuperación dunha agricultura respectuosa co medio ambiente.

Así, organizouse unha reunión cos seleccionados e seleccionadas para darlles a benvida ao proxecto, para explicarlles o funcionamento do mesmo e atender ás súas consultas. Acudiron os concelleiros de Promoción Económica e Comercio, Juan Carlos Lovelle e Mario Iglesias, e a xefa do servizo, Isabel Buján.

A formación práctica comezou esta fin de semana no Centro Municipal Pablo Picasso, e estenderase ao longo de todo o 2021, coa combinación de sesións teóricas, prácticas e titorías individualizadas en horticultura ecolóxica que permitan aos participantes sacar o máximo rendemento dos hortos, sempre dentro do marco dunha agricultura respectuosa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina