Xa están á venta as entradas nos seguintes establecementos:
- Bar Canedo (Tarrio)
- Clínica O Burgo (O Burgo)
- Cervecería Xentes ( O Burgo)
- Cervecería Cork (Vilaboa)
A plantilla da Policía Local de Culleredo incrementa os seus efectivos de 24 a 30 tras a toma da posesión de 6 novos axentes. Isto permitirá unha labor preventiva máis exhaustiva nas zonas urbanas, onde se implantará unha patrulla a pé que funcione durante todo o día.
Biblioteca “Miguel González Garcés” (O Burgo-Culleredo), ás 18.30 horas do venres 20 de xaneiro.
Contos en inglés: The Gingerbread Man.
Nenos/as a partir de 5 anos.
Entrada libre.
No marco da colaboración que a Concellaría de Sanidade mantén coa Asociación cullerdense Alma e coincidindo no obxectivo de promoción da lactancia materna, a Aula de Natureza Juan Lembeye do Burgo acolle a mostra "Pel con pel".
Pistas deportivas e parque infantil con iluminación, aseos reformados e pavimento arranxado son algúns dos resultados das obras que vén de acometer o Concello de Culleredo no paseo marítimo do Burgo, na zona da Cros. O alcalde, Julio Sacristán, aposta por proporcionar o mellor servizo ao usuario nun dos pulmóns verdes e de lecer da comarca.
O Club Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello, organizou a sétima edición do Torneo de Nadal, cita xa consolidada na comarca. Asistiu tamén a Asociación Deportiva Valle Inclán, de Oleiros. Participaron 120 rapaces e rapazas nunha gran festa do deporte celebrada no Burgo.Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER