Concerto didáctico de trompeta

 

CONCERTO NO CONSERVATORIO

Concerto didáctico do Grupo de Trompetas da Nova Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de JOHN AIGI HURN, trompeta principal da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Será o xoves 1 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Actos do Conservatorio.

É un conto musicado con narrador para nenos a partir de 7 anos.

A entrada será libre ata completar o aforamento.


JOHN AIGI HURN. Nace en Tokyo (Xapón) en 1967. Aos dez anos comeza os seus estudos de trompeta empregando o método de música Suzuki. Tras emigrar aos Estados Unidos, recibe clases de Charles Butler, membro da Orquestra Sinfónica de Israel.

Tras obter unha bolsa en The Eastman School of Music de Nova York, estuda con Charlie Geyer da Chicago Symphony Orchestra e ten oportunidade de tocar con Wynton Marsalis na gravación do Carnaval. En 1989 ingresa en The Hong-Kong Philharmonic Orchestra, lugar en que ademais do seu traballo na orquestra, foi profesor de trompeta da Academy of Performing Arts, sita nesta cidade.

En 1991 marcha a Europa e empeza a traballar coa Orquestra Filharmónica de Hamburgo. Desenvolve unha grande actividade en Alemaña, actuando e colaborando con The Hannover Opera Orchestra, coa Bach Launenburg Orchestra, coa Orquestra Sinfónica de Hamburgo, entre outras.

Dende 1992 é trompeta solista na Orquestra Sinfónica de Galicia e fundador do grupo de cámara Coruña Brass, non cesando a súa colaboración con outras orquestras. Nos veráns de 2000 e 2001 é invitado a participar, xunto coa Seattle Opera, na realización do ciclo El anel do Nibelungo de Richard Wagner. En Febreiro de 2002 participa coa Orquestra Sinfónica de Barcelona e Cataluña nunha xira polos Estados Unidos e é invitado de novo por esta mesma agrupación a realizar unha nova xira, esta vez por Europa, en Xullo do mesmo ano. Tamén a Philharmonic Orchestra de Malasia solicita a súa colaboración como solista de trompeta para este mesmo ano.

O seu labor musical esténdese tamén ao campo docente. Compaxina o seu traballo como profesor de trompeta e música de cámara na JOSG, na JONDE e na JONC, coa impartición de cursos e clases maxistrais por toda España, Portugal e Estados Unidos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina