Culleredo analiza o traballo contra a explotación sexual de mulleres na comarca

O martes 25 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Pazo de Vila Melania unha charla informativa con motivo do Día internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres. Na charla, que terá por título: “Apoiamos ou consentimos?”, participarán distintas ONGs implicadas no apoio ás vítimas e a denuncia de prácticas abusivas.

Actividades de Benestar Social para o carto trimestre 2012

A Concellaría de Benestar Social abre o prazo de preinscripción para as actividades correspondentes ao carto trimestre do ano 2012. Comezarán o vindeiro 15 de outubro. Adxúntanse os documentos. Mais información no centro de Servizos Sociais do Burgo. Tel 981 654 570.

Exposición da ilustradora Iria Fafián

Data : 
21/09/2012 - 20:30 - 20/10/2012 - 21:00

O Concello de Culleredo recibe a obra da ilustradora Iria Fafián Alonso. A Aula de Natureza “Juan Lembeye”, emprazada no Xardín Botánico do Burgo, conta desde este venres, 21 de setembro, até o 20 de outubro, a exposición “Ilustracións do eterno antagonista”.

O Burgo expón as ilustracións da cullerdense Iria Fafián

O Concello de Culleredo recibe a obra da ilustradora Iria Fafián Alonso. A Aula de Natureza “Juan Lembeye”, emprazada no Xardín Botánico do Burgo, conta desde este venres, 21 de setembro, até o 20 de outubro, a exposición “Ilustracións do eterno antagonista”. A inauguración da mostra terá lugar o venres ás 20.30 horas.
 

Doa sangue no Burgo

 

A unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia visitará Culleredo o vindeiro mércores 26 de setembro. Estará situada na praza de Europa, no Burgo, en horario de 16.00 a 21.00 horas.

V Memorial José Ramallo "Pequecho"

cartel

El Ruiseñor actúa en Mera

 

A COMPAÑÍA DE TEATRO EL RUISEÑOR, DE CULLEREDO, ACTÚA EN MERA

“Tesmoforias”, de Aristofanes coa adaptación e a dirección de Susana Crespo.

Actividades 2012 - 2013 do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo abre a preinscrición nas actividades para o curso 2012 - 2013. Os prezos conxélanse e o goberno local introduce unha nova posibilidade: os veciños poden propoñer novas actividades que serán organizadas se existe a demanda mínima. A preinscrición pode facerse desde o luns 17 de setembro no Edificio de Servizos Múltiples.

 

Publicada a relación de afectados pola expropiación para as beirarrúas na Ermida e O Bosque

O Concello de Culleredo puxo a disposición dos afectados a relación de bens a expropiar, feita pública pola Deputación da Coruña, para a construción das ansiadas beirarrúas na Hermida, na estrada provincial que une Vilaboa coa casa consistorial. A relación de bens, ademais de estar xa no taboleiro de anuncios do Concello, sae publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina