Doa sangue no Burgo

 

A unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia visitará Culleredo o vindeiro mércores 26 de setembro. Estará situada na praza de Europa, no Burgo, en horario de 16.00 a 21.00 horas.

V Memorial José Ramallo "Pequecho"

cartel

El Ruiseñor actúa en Mera

 

A COMPAÑÍA DE TEATRO EL RUISEÑOR, DE CULLEREDO, ACTÚA EN MERA

“Tesmoforias”, de Aristofanes coa adaptación e a dirección de Susana Crespo.

Actividades 2012 - 2013 do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo abre a preinscrición nas actividades para o curso 2012 - 2013. Os prezos conxélanse e o goberno local introduce unha nova posibilidade: os veciños poden propoñer novas actividades que serán organizadas se existe a demanda mínima. A preinscrición pode facerse desde o luns 17 de setembro no Edificio de Servizos Múltiples.

 

Publicada a relación de afectados pola expropiación para as beirarrúas na Ermida e O Bosque

O Concello de Culleredo puxo a disposición dos afectados a relación de bens a expropiar, feita pública pola Deputación da Coruña, para a construción das ansiadas beirarrúas na Hermida, na estrada provincial que une Vilaboa coa casa consistorial. A relación de bens, ademais de estar xa no taboleiro de anuncios do Concello, sae publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

Celebración do Día Mundial do Linfoma en Culleredo con xornada e mesa informativa

O Concello de Culleredo e a asociación AEAL conmemoran esta semana o Día Mundial do Linfoma cunha xornada informativa, o xoves 13, en Villa Melania, coa presenza de recoñecidos médicos do CHUAC. Inclúe tamén a presentación de servizos e actividades dirixidas a enfermos de cancro. O venres 14 instalarase unha mesa no paseo marítimo do Burgo para informar aos veciños.

O Concello inviste 50.000 euros en reparacións nos colexios de cara ao inicio de curso

O Concello de Culleredo executa un plan de mellora das instalacións dos colexios do municipio de cara ao inminente comezo de curso escolar. O goberno local inviste 50.000 euros, procedentes das arcas municipais, en efectuar reparacións nos colexios de Educación Infantil e Primaria e nas escolas unitarias.

Licitación das obras incluidas no POS 2012

Presupuesto (IVA incluído) / Orzamento (IVE incluído): 
336.117,73 (proxectos aprobados cun IVE do 18%. IVE en vigor: 21%)
Plazo de presentación de ofertas / Prazo de presentación de ofertas: 
11/09/2012 - 06/10/2012

Culleredo recibe a exposición sobre a candidatura a reserva da biosfera da área metropolitana

Entre os días 6 e 17 de setembro, o Concello de Culleredo expoñerá na Aula da Natureza do Xardín Botánico a exposición sobre as Reservas de Biosfera e a Candidatura a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” que que ten sido presentada ante a UNESCO a primeiros do pasado mes de xullo.

O alcalde preside a apertura do novo centro comercial de Acea de Ama

O alcalde de Culleredo presidiu a apertura do novo Eroski Center, emprazado en Acea de Ama, no entorno do centro de saúde, o parque, o colexio, ou o Conservatorio Municipal. Conta con 1.350 metros cadrados de superficie de sala de ventas e aparcamentos exterior e subterráneo con capacidade para 177 vehículos. Sacristán resaltou que os veciños contarán agora con “máis posibilidades” para mercar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina