O Concello actualiza varias ordenanzas, pero non sube a recaudación

O Concello de Culleredo aprobou a modificación de varias ordenanzas fiscais para melloralas e adaptalas ás necesidades do municipio. Esta variación non comportará ningún incremento na recaudación. Entre os cambios se atopa a redución do prezo da auga para as familias numerosas.

Culleredo comeza en outubro a programación de adultos nas Bibliotecas

O Concello de Culleredo inicia en outubro a programación para adultos nas bibliotecas municipais. A Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares", situada en Vilaboa, acolle desde a vindeira semana diferentes actividades relacionadas coa literatura, destinadas para veciños desde os 18 anos de idade.

O Concello e Parkinson Galicia abren a inscrición para as actividades de mellora da enfermidade

Desde o próximo luns 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para a actividade de fisioterapia e logopedia que a Asociación Parkinson Galicia, en convenio co Concello de Culleredo, veñen desenvolvendo desde o ano 2010. Para inscribirse, os interesados poden facelo a través do teléfono de Sanidade de Culleredo: 981.654570, ou ben da asociación de Parkinson: 981.241100.

El Ruiseñor presenta "Troyanas" en Mera

 

A I Campaña de ecollida de material escolar finaliza con 600 artigos recibidos

O Concello de Culleredo finaliza a I Campaña de recollida de material escolar cun extraordinario resultado. A iniciativa recolleu de mans dos veciños máis de 600 artigos, valorados nus 4000 euros. O material distribuirase inicialmente a un grupo de 40 familias en situación de necesidade.

O Concello de Culleredo informa hoxe sobre a “letra pequena” das hipotecas

O Concello de Culleredo organiza hoxe, mércores 26 de setembro, no Pazo de Villa Melania, en Vilaboa, unha xornada informativa sobre a "letra pequena" das hipotecas. A acción enmárcase nas políticas de información ao consumidor que está a emprender o goberno local.

Charla sobre hipotecas

 

 

cartel

 

Culleredo analiza o traballo contra a explotación sexual de mulleres na comarca

O martes 25 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Pazo de Vila Melania unha charla informativa con motivo do Día internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres. Na charla, que terá por título: “Apoiamos ou consentimos?”, participarán distintas ONGs implicadas no apoio ás vítimas e a denuncia de prácticas abusivas.

Actividades de Benestar Social para o carto trimestre 2012

A Concellaría de Benestar Social abre o prazo de preinscripción para as actividades correspondentes ao carto trimestre do ano 2012. Comezarán o vindeiro 15 de outubro. Adxúntanse os documentos. Mais información no centro de Servizos Sociais do Burgo. Tel 981 654 570.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina