Mañás de campamento 2023

A Concellaría de Participación Cidadá, Educación e Medio Rural pon en marcha un ano máis o programa Mañás de campamento.

O Concello promove un curso de iniciación ao surf na praia de Bastiagueiro para Semana Santa 2023

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, promove para Semana Santa 2023, durante os días 6, 7 e 8 de abril, un curso de iniciación ao surf na praia de Bastiagueiro, en ‘La vieja escuela by After Surf’.

Campamento de primavera 2023

O Concello de Culleredo organiza do 3 ao 10 de abril o campamento de primavera. Trátase dunha iniciativa para favorecer a conciliación durante os días non lectivos da Semana Santa.

"Merca e gaña", nova campaña municipal de promoción do comercio local

O Concello de Culleredo organiza, dentro das campañas de dinamización do comercio local, a campaña "Merca e gaña". Os negocios adheridos repartirán entre os clientes un total de 100.000 boletos para levarse un dos 3.620 premios directos, entre o 15 de marzo e o 15 de abril de 2023.

Rematados os traballos de asfaltado e pintado en Vinseira, As Barreiras, Seara e As Reixas

O Concello de Culleredo actúa para continuar as execucións que garantan a mellora da rede viaria municipal. Tanto é así que xa concluíron os traballos de asfaltado e pintaron de As Barreiras, Vinseira, Seara e As Reixas, e farase o propio esta semana en As Naveiras.

Eugenia Gil e Rubén Eiriz comezan a formación práctica para o alumnado do IES Eduardo Blanco Amor en materia de arbitraxe

A arbitraxe empeza a ter canteira en Culleredo. O Concello e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol comezaron o pasado mes de febreiro o proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre os mozos do municipio e hoxe recibiron a primeira sesión práctica con Eugenia Gil e Rubén Eiriz.

Culleredo conmemora o Día Internacional da Muller coa inauguración da exposición "Nós somos elas"

O Concello de Culleredo conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller coa inauguración da exposición “Nós somos elas”, promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, como homenaxe á muller de Galicia, e para reflexionar e poñer en valor dunha maneira gráfica, a importancia do papel que a muller ocupou ao longo da historia.

Nace a Escola Xadrez Culleredo con vocación de iniciativa social interxeracional

Unha nova actividade emerxe con forza en Culleredo, sumando persoas interesadas de todas as idades. Máis que unha finalidade recreativa no fondo concíbese como unha iniciativa social, como explica o seu presidente, José Antonio Ferreño.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina