Cursos intensivos de natación para o mes de xullo 2023

Realizaranse en dúas quendas:

  • Do 3 ao 14.
  • Do 17 ao 31.

O horario será o mesmo en ambos casos: de 11:30 a 12:30 horas.

Para nenos e nenas a partir dos 3 anos.

Prezos:

  • Quenda: 45 euros.
  • Mes enteiro: 80 euros.

*Descontos para irmáns e familia numerosa: 40€/ quenda e 75€/ mes.

preinscrición xa está aberta no correo electrónico inscripcioncnasmarinas@gmail.com.

As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, e confirmaranse unha vez a administración se poña en contacto co demandante.

Unha vez confirmada, deberá aboarse a tarifa correspondente na conta do C.N As Mariñas a nome do/a neno/a que asista ao curso: ES36 2100 3868 0002 0020 4164 - La Caixa.

Despois do pagamento, haberá que enviar a ficha de inscrición, resgardo da cota e fotocopia do DNI ou libro de familia do/a alumno/a e do/a titor/a ao correo electrónico.

Para calquera dúbida, chamar aos teléfonos 696 89 89 23 e 619 38 65 30.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina