Campamentos CIPAX no verán 2023

Desde a área de Xuventude do Concello de Culleredo preténdese regular as bases a participación nos campamentos do CIPAX para este verán 2023.

• Deportes alternativos de 12 a 14 anos
• H2O  de 14 a 18 anos

Celebraranse do 3 ao 14 de xullo do 2023 e a preinscrición será desde as 8:00 horas do 30 de maio ata o 11 de xuño as 00:00 horas. As solicitudes de prazas serán preferentemente a través do formulario do Campamento do CIPAX 2023. Para acceder ó mesmo necesitas unha conta de Gmail. 

A adxudicación de prazas realizarase mediante sorte opúblico, no caso de que as solicitudes superen o máximo de prazas, tendo en conta que as/os empadroados/as no Concello de Culleredo teñen prioridade.

A taxa xeral é de 47 euros, existindo descontos presentando o carné xove (42,30 euros); desempregado/a (23,50 euros) ou familia numerosa (23,50 euros).

Os mozos e mozas que obtiveron praza teñen ata o luns 19 de xuño para facer o ingreso, e como límite ata as 14:00 horas, no seguinte número de conta: ABANCA : ES26 2100 3868 0702 0000 3793

De seguido aportarán a seguinte documentación no Centro Municipal Pablo Picasso ou a través do mail cipax@culleredo.es.

Resgardo da matricula no que apareca: "Campamentos do Cipax 2023: H2O ou Deportes Alternativos".

• Fotocopia do Carné Xove, título ou carné de familia numerosa, xustificante de situación de desemprego ou informe social cando proceda.
• DNI do titor/a e solicitante.
• Folla de inscrición.

O xoves 29 de xuño haberá unha xuntanza informativa ás 20:00 horas no Salón de Actos do Edificio Municipal de Servizos Multiples.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina