O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (CIPAX), organiza un obradoiro XOGOS DE ROLES OCULTOS. Terá lugar o sábado 28 de outubro no Centro Virginia Blanco (Fonteculler) en horario de 18:00 a 21:00 horas, e está destinado para a poboación de entre 12 e 30 anos e cun límite de 15 prazas.
O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (CIPAX), organiza un obradoiro de maquillaxe creativo e un obradoiro de iniciación aos drons o vindeiro sábado 21 de outubro do 2023.
O Concello de Culleredo conseguiu a participación nun novo programa de formación e emprego baixo a denominación ‘Culleredo Activo II’.
Culleredo prepárase para o XXVIII Festival Internacional de Galicreques 2023. Comezará o mércores 11 de outubro coa representación de 'Títeres a cielo abierto', de Manu Mansilla, e acollerá tres espectáculos ao longo do mes de outubro.
O Concello de Culleredo estrea a segunda edición do seu Feirón, o cuarto xoves de mes no paseo do Burgo. Únese ao existente, o segundo domingo de mes en Vilaboa.
O Concello de Culleredo organiza desde este xoves, 28 de setembro, un segundo Feirón no municipio. Celebrarase na explanada do Paseo Marítimo do Burgo, cunha periodicidade establecida para os cuartos xoves de cada mes.
Culleredo acolle durante toda a fin de semana a exposición da Garda Civil con motivo do 50 aniversario da creación do seu Servizo Aéreo. A inauguración institucional correu a cargo do alcalde, José Ramón Rioboo, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e o xeneral Xefe da XV Zona da Garda Civil, Miguel González.
Orro acollerá este domingo a andaina ‘Túneles de Culleredo’, proba da I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da FGM, así como da liga Ibérica. Participarán 250 persoas entre todos os percorridos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER