Os novos veciños de Culleredo procedentes doutros países terán á súa disposición unha formación específica para axudarlles no seu novo fogar. Unha iniciativa da ONG Mestura co Concello de Culleredo dará un curso de benvida aos inmigrantes recentemente chegados ou que se asentaron no municipio nos últimos anos.
O Concello de Culleredo puxo en marcha desde o mes de xullo o programa Verán Movidiño, que ten como obxectivo promocionar o deporte e os hábitos saudables entre toda a cidadanía. Non importa a idade, é gratuíto e tampouco fai falta apuntarse, simplemente desprazarse polos cinco puntos nos que se realiza a actividade a diario por parte dun monitor especializado.
A atención á dependencia constitúe un das áreas de intervención prioritarias para o Concello de Culleredo. Pioneiro na creación dos servizos sociais nos concellos nos anos 80, o Concello conta na actualidade cun servizo para os dependentes que atende a todos os veciños, incluídos aqueles que quedan na lista de espera da Xunta de Galicia.
Con motivo do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos, o 1 de xuño, Alcer Culleredo saíu á a rúa co seu programa "Bule con Alcer", coa colaboración do Concello de Culleredo. O obxectivo consistía en sensibilizar á poboación cullerdense da necesidade de facerse donadores.
A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza unha xornada informativa sobre a enfermidade. Será o xoves 2 de xuño ás 18.00 horas en Vila Melania (Vilaboa).
Os fondos europeos Leader non se cinguen ao ámbito empresarial e á administración, tamén poden beneficiar a entidades sen ánimo de lucro. Con esta premisa, o Concello de Culleredo e o GDR Mariñas - Betanzos reuniron a representantes de asociacións sociais para darlles a coñecer as posibilidades que teñen para optar a esta convocatoria.
O Concello de Culleredo leva tamén a preparación ante emerxencias sanitarias aos maiores do municipio. O proxecto "As túas mans salvan vidas", da Concellaría de Benestar Social, non se cingue este ano aos escolares e chega aos participantes na actividade de ximnasia para maiores.
O Concello de Culleredo busca a implicación da Xunta de Galicia no mantemento do centro ocupacional A Escada, dedicado á atención de persoas con diversidade funcional. O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, trasladoulle a petición ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER