O Concello de Culleredo adxudica o uso da Casa Rosa do Burgo á Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM), co obxectivo de proporcionar un inmoble para o desenvolvemento dun centro de rehabilitación dirixido aos veciños de Culleredo e da comarca con esta enfermidade.
A asociación Mestura organiza o xoves 22 de maio, ás 18.00 horas, no Pazo de Vilaboa, un cine-forum sobra a película "La clase". A iniciativa enmárcase no proxecto da organización titulado “As nosas cores”, iniciativa financiada pola Fundación La Caixa co apoio do Concello de Culleredo.
O Concello de Culleredo celebrou o sábado o tradicional Encontro de Corais. Xuntou ás corais: Agrupación de Voces Veteranas de Culleredo, Coral A Lembranza de Sada e a Coral Polifónica Estradense.
O Concello de Culleredo inaugurou o centro municipal asociativo A Escada, no Burgo, unha das grandes apostas do goberno municipal por ampliar a carteira de servizos sociosanitarios da man de entidades sen ánimo de lucro.
A campaña solidaria levada a cabo polo Club dos Leóns sáldase con grandes resultados. A iniciativa, que buscaba especificamente produtos para bebés, acadou unhas dúas toneladas de achegas cidadás.
O Concello de Culleredo introduciu este ano unha compoñente solidaria á súa programación do Nadal. Para contribuír coas familias con maior necesidade do municipio, o goberno local, a través dos seus diferentes departamentos, propuxo aos veciños e participantes nos actos a achega de alimentos non perecedoiros.
O Concello de Culleredo vai colaborar con Cruz Vermella realizando accións de difusión no seu ámbito co obxectivo de dar a coñecer o programa de acollemento familiar e incorporar novas familias voluntarias para recibir temporalmente a nenos que o necesitan.
O Concello oferta as prazas baleiras existentes nas actividades de Benestar Soical. O prazo para inscribirse prolóngase entre o 16 e o 26 de decembro.
O goberno de Culleredo dá un paso máis para apoiar ás familias sen recursos do municipio. O Concello crea o Fondo Municipal de Alimentos co obxecto de reforzar a distribución dos produtos ás familias máis vulnerables e con maior necesidade.
O Concello de Culleredo publica as listaxes de admitidos nas actividades sociais.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER