Culleredo recibe dúas toneladas de produtos para bebés do Club dos Leóns

A campaña solidaria levada a cabo polo Club dos Leóns sáldase con grandes resultados. A iniciativa, que buscaba especificamente produtos para bebés, acadou unhas dúas toneladas de achegas cidadás.

O Club dos Leóns de Oleiros realizou esta campaña no supermercado Eroski de Acea de Ama. Logrou encher un total de 16 carros con produtos de primeira necesidade para os pequenos, como leites, potitos ou cueiros.

Responsables do club entregaron onte de forma oficial os produtos recolleitos ao Concello de Culleredo. O alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, acudiron ata o Eroski para recibir a colaboración e agradeceron profundamente esta iniciativa desinteresada que axudará enormemente a moitas familias de Culleredo.

E é que estas dúas toneladas de produtos engrosarán o Fondo Municipal de Alimentos do Concello de Culleredo. Posteriormente, nos próximos días, a Concellaría de Benestar repartiraos entre as familias do municipio sen recursos con menores a cargo.

O rexedor destacou a contribución cun rango de idades para o que non se adoitan destinar as campañas habituais de recollida. Agradeceu tamén a acollida realizada polo supermercado Eroski.


Club dos Leóns en Culleredo

Esta é a segunda ocasión que o Club dos Leóns colabora co Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo.  En decembro xa contribuíra con outras dúas toneladas de alimentos.

O Club está interesado en abrir unha delegación no municipio de Culleredo. Por iso, busca persoas interesadas en colaborar, que poden porse en contacto coa entidade

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina