O Concello inaugurou o centro asociativo para o uso das entidades sociosanitarias

O Concello de Culleredo inaugurou o centro municipal asociativo A Escada, no Burgo, unha das grandes apostas do goberno municipal por ampliar a carteira de servizos sociosanitarios da man de entidades sen ánimo de lucro. O Concello xa leva tempo traballando de xeito conxunto con máis de 30 asociacións deste ámbito e dado o nivel de resultados obtidos desta coordinación decidiu ceder un espazo municipal para o seu traballo permanente.

Este centro alberga ás 14 entidades de maior actividade permanente en Culleredo. Componse de 4 salas para despachos, unha sala de xuntas, unha zona común, unha recepción e aseos. Ademais, todas poderán usar as instalacións da planta baixa, da Escada, onde hai ximnasio, cociña, sala de talleres e sala de reunións.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán inaugurou as instalacións. Ao acto acudiron representantes de todas as asociacións, así como a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, diferentes membros da corporación, e técnicos de Servizos Sociais, artífices en boa parte desta actuación.

"Demostrastes que sodes o camiño a seguir pola administración para configurar unha atención a moitas persoas que doutra forma non a terían", afirmou o rexedor. Sacristán destacou o altruísmo das asociacións, que ademais levan a cabo un traballo "de calidade" para moitos colectivos.

O alcalde resaltou o amplo abanico de colectivos a quen asisten estas asociacións, case 3.500 persoas, e que augura que serán máis ao contar agora cun espazo fixo. O acto concluíu coa degustación de froita do Punto Komesán que promove o Concello, unha iniciativa para fomentar a alimentación saudable.

As entidades que forman parte deste centro son:

  • Asociación de inmigrantes Mestura
  • AEAL
  • Anhida
  • Dismacor
  • Agaefa
  • Afadips
  • Agaxfra
  • Alma
  • Asgate
  • Médicos do Mundo
  • Mundo Cooperante Galicia
  • Tp Galicia
  • Alcer
  • Acega

As entidades dispoñen dun posto de traballo e un armario con chave para gardar as súas pertenzas. O Concello de Culleredo asume os gastos de luz, auga, telefóno ou limpeza do local.

Culleredo súmase así a cidades como A Coruña ou Santiago en dispor dun centro específico para as asociacións. A iniciativa servirá tamén para fomentar as sinerxías entre as propias asociacións, o que pode levar un incremento dos seus servizos ao cidadán

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina