Culleredo supera a tonelada de alimentos recollidos no “Nadal Solidario”

O Concello de Culleredo introduciu este ano unha compoñente solidaria á súa programación do Nadal. Para contribuír coas familias con maior necesidade do municipio, o goberno local, a través dos seus diferentes departamentos, propuxo aos veciños e participantes nos actos a achega de alimentos non perecedoiros.

A acción está a lograr a resposta do público. A día de hoxe, o Concello de Culleredo calcula que son máis de 1.000 os quilos recadados, a falta de contabilizar os recibidos nestes últimos días das festas.

Para lograr esta importante cifra, o Concello programou diferentes iniciativas solidarias. Por unha banda, a Oficina Municipal de Voluntariado levou a cabo unha campaña de recollida de alimentos nas dependencias municipais. Por outra banda, a programación cultural e deportiva do Concello animou aos veciños a acudir cun alimento como entrada simbólica ás actividades.

Os asistentes responderon activamente a este chamamento, e en actividades como as obras de teatro ou o torneo de fútbol sala MUDEGA recadáronse boas cantidades de alimentos non perecedoiros.

Tamén o campus de patinaxe artística que organizou o Club Aura en colaboración co Concello organizou  "un almorzo solidario sobre rodas". Os máis de medio centenar de participantes achegaron produtos, como o leite, o cacao ou as galletas, algúns dos máis necesarios para as familias sen recursos.

Todas estas achegas destináronse ao Fondo Municipal de Alimentos, recentemente creado co obxecto de reforzar a distribución dos produtos ás familias máis vulnerables e con maior necesidade. O Fondo acollerá os alimentos recibidos para posteriormente canalizalos ás familias sen recursos.

A distribución realizarase tras o informe preceptivo dos Servizos Sociais para determinar os beneficiarios con necesidade da comida.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina