Culleredo volcouse contra a violencia de xénero

O Concello de Culleredo celebrou diferentes actos co motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, co  fin de poder causar o maior impacto social para contribuír á eliminación de condutas machistas existentes en todos os sectores da comunidade.

As accións organizadas este ano, entre outras, foron as seguintes:

Reparto de camisetas coa mensaxe "Eu non tolero actitudes machistas" entre o comercio local e o persoal municipal. O venres leváronas nos negocios locais de toda clase, do mesmo xeito que os traballadores do Concello e os concelleiros, como se viu no pleno.

Concentración en repulsa desta violencia, diante da Casa do Concello, onde se gardou un minuto de silencio en recordo das vítimas.

Distribución de calendarios para repartir entre a cidadanía que levan igualmente unha cita vinculada á temática do 25N, os recursos dispoñibles en Culleredo para as vítimas desta secuela social e para os homes  que queiran mudar de actitude. Tamén promocionan o uso do teléfono 016.

Talleres de prevención e sensibilización entre os adolescentes de 2º da ESO,  dos dous institutos de Culleredo. Nestas sesións, divididas en tres módulos trátanse aspectos relacionados coa desigualdade e coa diversidade de xénero en todos os ámbitos da vida, as distintas manifestacións da violencia, facendo especial fincapé na derivada  do uso das tecnoloxías e das redes sociais.

E como iniciativa de sensibilización para unha maior difusión entre os propios adolescentes, realízase nas aulas un Mannequin challenge que consiste en gravar  un vídeo con todo o alumnado inmóbil, a modo de escena conxelada, na que mostran mensaxes a través de símbolos de whatsapp, coa lema "Bloquea o machismo" contra a violencia de xénero. Estes vídeos difundiranos entre os seus grupos e redes sociais, de maneira que a mensaxe se faga viral e se contribúa ao máximo á concienciación dun bo trato nas relacións afectivas que se establezan entre os propios adolescentes.

Os alumnos e alumnas do IES Rego de Trabe realizaron unha marcha reivindicativa desde o centro ata o paseo marítimo, con lemas e globos contra a violencia.

O paseo marítimo acolleu a V Andaina pola igualdade e contra a violencia de xénero, organizada polo Consorcio As Mariñas. Medio milleiro de cidadáns sumáronse á marcha o sábado, cun percorrido de oito quilómetros entre Oleiros, Cambre e Culleredo xunto á ría do Burgo.

Partido de balonmán amigable e reivindicativo con repartición de material de sensibilización entre os asistentes.Foi o venres no polideportivo de Almeiras, organizado co club Balonmán Culleredo.

A colocación de pancartas en contra de todas as actitudes machistas e contra da violencia de xénero en varios puntos do concello pechan o paquete de accións de conmemoración deste día en Culleredo.

Asemade, o pleno municipal de novembro aprobou unha moción consensuada polos grupos políticos en contra de todo tipo de violencia de xénero.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina