Formación específica para os inmigrantes na súa chegada a Culleredo

Os novos veciños de Culleredo procedentes doutros países terán á súa disposición unha formación específica para axudarlles no seu novo fogar. Unha iniciativa da ONG Mestura co Concello de Culleredo dará un curso de benvida aos inmigrantes recentemente chegados ou que se asentaron no municipio nos últimos anos.
 
Baixo a denominación de "O teu novo país", a formación persegue asesorar aos participantes nas principais xestións e trámites que necesitan realizar no seu novo municipio. Aprenderán os pasos a seguir en ámbitos de prioridade como o ensino, a sanidade ou o acceso ao mercado laboral.
 
Os participantes poderán resolver todas as súas dúbidas que lles poidan xurdir ao chegar ao seu novo país. Poderán responder preguntas como que xestións seguir para matricular aos nenos no colexio ou para conseguir o cartón sanitario.
 
A acción formativa terá 25 horas de duración e desenvolverase entre o 4 e o 27 de outubro. Para inscribirse é necesario dirixirse a Mestura, sita no Centro Municipal de Asociacións (O Burgo, rúa Manuel Azaña), ou chamar ao 981 661840. É de carácter gratuíto.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina