Os alumnos de APEM estrean na Casa Rosa o seu belén feito con fofuchas

O Burgo conta desde hoxe co seu belén máis social. Os alumnos do Centro de Rehabilitación Laboral e Psicosocial que APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais) ten na Casa Rosa estrearon hoxe o seu belén realizado con bonecas fofuchas.
 
É o traballo de dous anos destes alumnos, nunha técnica de manualidades con goma eva que se adapta moi ben ás súas necesidades. O resultado é espectacular, con moitos personaxes e detalles moi coidados na paisaxe ou no atrezo.
 
Con moita emoción inauguraron hoxe o belén. Ao acto acudiu a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, a de Educación, Carmen Varela, e a presidenta de APEM, María Antonia Pérez, así como persoal da asociación, técnicos municipais, e membros doutras entidades sociais que traballan en Culleredo.
 
Pombo deu o parabén aos alumnos polo incrible resultado do seu traballo. "Estamos moi orgullosos de que esteades a aproveitar esta Casa Rosa para a vosa formación", afirmou.
 
Os alumnos tamén mostraron os seus dotes ao canto para pór son ao acto. Interpretaron varias panxoliñas de Nadal, ao ritmo de acordeón. Logo actuou o coro de Voces Veteranas do Concello, tamén con panxoliñas aos que mesmo se sumaron os usuarios da Casa Rosa, como foi o clásico "Dime niño de quién eres".
 
Agora o belén permanecerá exposto na planta baixa da Casa Rosa para que poida ser visitado polos veciños. A presidenta de APEM mostrouse encantada con abrir as portas do centro para que a sociedade coñeza ademais o que alí traballan.
 
O centro de rehabilitación, aberto en abril tras a cesión por parte do Concello a APEM e as obras que esta acometeu, dá servizo a 40 usuarios con esta doenza no labor da entidade de promocionar a súa vida autónoma. Por iso, aprenden tarefas domésticas, como a cociña, a coser ou a pasar o ferro.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina