Hoxe venres 25 de marzo abrirase o corte de tráfico localizado na rúa Choeira á altura da Igrexa e o vindeiro luns, 28 de marzo, cortarase a rúa Catas.
Onte, 24 de marzo, celebrouse un concerto-maratón solidario no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal organizado polo Concello e as oenegués Cáritas, Médicos del Mundo, Cruz Vermella, Refugees Welcome e Mestura.
O Concello de Culleredo e as oenegués organizadoras (Mestura, Médicos del Mundo, Cruz Roja, Cáritas e Refugees Welcome), con ámbito de actuación no municipio, poñen en marcha o concerto-maratón solidario en favor do pobo ucraíno, baixo o cancelo #CulleredoConUcraína, co fin de poder recadar fondos e destinalos, a través das oenegués que traballan no ámbito internacional e local, a axuda humanitaria para paliar as consecuencias de tan terrible episodio.
O Concello de Culleredo informa de que o corte terá lugar o 18 de marzo, en horario de 10:00 a 15:00 horas e o 19 de marzo, de 15:00 a 23:00 horas.
Culleredo rendeu esta mañá unha sentida homenaxe ás persoas voluntarias durante a pandemia, xusto cando se cumpren dous anos do decreto do estado de alarma. Onte, a explanada do Burgo acolleu un acto ao que acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo; os edís e edilas do grupo de goberno; María Rivas, subdelegada do Goberno; Esteban Miguélez, Brigada da Garda Civil e Oliva García e Francisco Saavedra, en representación da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, directoras e directores de varios centros educativos, persoal sanitario e as persoas homenaxeadas e as súas familias.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER