Special Olympics celebra este sábado en Culleredo a edición 25 dos seus xogos autonómicos de campo a través e petanca

O Concello de Culleredo e  Special Olympics Galicia presentaron hoxe a edición 25 dos Xogos Autonómicos de Campo a través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual que terán lugar no Burgo o sábado 23 de abril.

Culleredo retoma o Memorial 'Tino Poza' co patrimonio natural e monumental como motivo da pintura in situ

O Xardín Botánico do Paseo Marítimo do Burgo acollerá o vindeiro 30 de abril unha nova edición do certame de artes plásticas 'Tino Poza'.

O Concello confecciona o programa municipal 'Mañás de campamento 2022' para as vacacións de verán

O luns 18 de abril iníciase o período de solicitudes para participar na actividade.

El Ruiseñor volve encher na casa e sen butacas ‘encintadas’ coa adaptación de Scrooge, de Charles Dickens

O alumnado da compañía de teatro El Ruiseñor, que dirixe Susana Crespo, executou a pasada semana Scrooge, de Charles Dickens, baixo o mando da propia fundadora, no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música. Supuxo a volta aos escenarios no municipio da compañía.

Novo vertido incontrolado no Monte Xalo

O Concello de Culleredo, a través de varios avisos da veciñanza e posterior corroboro dos axentes da Policía Local, detectou novas verteduras incontroladas no rural, e porá en marcha un dispositivo policial para tratar a súa erradicación. Estas accións supoñen un atentado contra o medio ambiente, e estes comportamentos poden carrexar sancións de ata 3.000 euros. Os feitos xa foron comunicados e trasladados ás autoridades.

Sesión do Pleno da corporación do Concello de Culleredo con data 31 de marzo de 2022

O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 31 de marzo, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina