Regresan as festas patronais do Burgo comezan mañá, xoves 21 de xullo coa previsión de traer miles de persoas a Culleredo. Son un dos festexos referencia en Galicia, e os veciños espéranas con expectación. Combinarán as verbenas, cos postos ou as grandes atraccións.
Desde o pasado 27 de xuño, 320 nenas e nenos de Culleredo xa gozan do programa Mañás de campamento, impulsado polo Concello e co que se busca facilitar a conciliación, así como dinamizar espazos formativos para aprender dunha maneira sa nun período non lectivo como é o verán.
Vilaboa vivirá desde este sábado, día 9 de xullo, e ata o martes 12, unha ampla programación nas festas patronais que organiza a Comisión. Agárdase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
O coñecido actor e pallaso Pepe Viyuela impartirá un curso presencial de clown en Culleredo os días 13, 14 e 15 de setembro. Será no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 16:00 a 20:00 horas a primeira xornada, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas a segunda e de 10:00 a 14:00 horas a última.
Artesanía, alimentación, animación de rúa e moita música en directo do 30 de xuño ao 3 de xullo no paseo marítimo do Burgo.
A iniciativa traballa por visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER