O Concello de Culleredo presentou esta mañá a Cullerciencia, que se celebrará o próximo 18 de xuño no Paseo Marítimo do Burgo, de 11:00 a 20:00 horas. Esta idea emana do propio alumnado. Contará con varios espazos diferenciados. Haberá unha área de exposicións destinada ao alumnado, para que mostre as súas creacións científicas. E outro para as institucións. Programaranse charlas de ciencia, con personalidades do ámbito. Será o caso de Jorge Mira ou de Margarita Poza.
O Concello de Culleredo, en virtude da mellora dos servizos administrativos municipais, comunica que a actividade do padrón estará inactiva de cara o público os días 6 e 7 de xuño.
Sumarase ás actuacións de lejandro Vargas Trío, Volando Libre, Zumaque Trío, Zafra, Pablo Sanmamed Trío e No Reply
A corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 19 de maio, unha sesión extraordinaria do Pleno, ás 9:30 horas.
O Concello de Culleredo celebra á súa Feira de Artesanía este martes, 17 de maio e Día das Letras Galegas, con 83 postos na praza Europa. Desde as 11:00 horas e ata as 20:00 horas, as e os asistentes poderán comprobar de primeira man como manufactureros e manufactureras locais e chegados de toda Galicia expoñen produtos feitos en coiro, vimbio ou vidro. Haberá durante a xornada actuacións musicais e espectáculos de maxia e teatro.
O Concello de Culleredo confirma que Alejandro Vargas Trío formará parte do programa do Burgojazz 2022 nunha edición que recuperará o seu formato tradicional
O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a IX Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 15 de maio. A proba forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
A corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 5 de maio, un Pleno extraordinario ás 10:00 horas, cun único punto a tratar:
1.- Proposta sobre modificación da ordenanza fiscal número 3, reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER