O alcalde aborda coa veciñanza de Orro o plan de melloras para esta parroquia

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo unha reunión co presidente da Asociación de Veciños Orro Novo Orro Vello, Jaime Parcero Barbeito, coa finalidade de abordar asuntos de interese para a parroquia. O rexedor avanzou o próximo inicio das obras de ampliación da estrada provincial, tendo en conta que a Deputación da Coruña acaba de adxudicar a actuación esta mesma semana.

A agrupación preguntou polos traballos anunciados en materia de saneamento no interior do núcleo de Orro. O alcalde confirmoulle que a intervención se iniciará o próximo mes de outubro, segundo o compromiso adquirido para dar servizo completo de saneamento aos veciños.

Así mesmo, a asociación solicitou unha limpeza integral da parcela onde está situado o centro social. O Concello está a ultimar un plan de limpeza da zona. Rioboo mostrou ao presidente o proxecto de remodelación do centro social, que experimentará unha profunda reforma do seu interior. Dispoñerá dun novo espazo para reunións e actividades e verá incrementadas e modernizadas as súas prestacións.

Neste sentido, a asociación pediu un acordo para ter o uso do centro social. O primeiro edil aclarou que é preciso chegar a un consenso con todos os colectivos do municipio para realizar unha repartición equitativa das horas da dependencia. Todas as peticións de utilización do centro foron autorizadas a condición de que non coincidisen con actividades promovidas por outras asociacións.

Finalmente, o presidente agradeceu ao Concello a colaboración prestada durante as festas parroquiais coa cesión dunha orquestra de forma totalmente gratuíta e coa dotación da infraestrutura, así como a loxística da festa da Peregrina, onde o Concello correu con todos os gastos de carpa, mesa e cadeiras do propio evento.

Nas próximas semanas, o alcalde de Culleredo visitará a parroquia de Orro para explicarlle aos veciños, a pedimento do propio presidente, todas as melloras previstas e atender as demandas dos residentes da parroquia.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina