O Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña acordaron o cofinanciamento para urbanizar a parcela onde se emprazará un novo colexio de educación infantil e primaria. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acudiu onte á Deputación para asinar o convenio polo que o ente provincial achegará o 55% da contía e o Concello o restante 45%.
En agosto terá lugar a segunda edición do campus de verán de patinaxe que organiza o club Aura. A actividade convértese nun campus inclusivo, de tal forma que acollerá tamén a pequenos con diversidade funcional, procedentes de entidades sociais.
O mes de agosto respirarase fútbol en Culleredo. O Concello organiza o XXXVII Trofeo de Fútbol Afeccionado, o II Trofeo de fútbol-8 alevín, e o XVII Trofeo de Fútbol Veteráns.
O Concello de Culleredo iniciará o traballo para estudar a posibilidade de nomear ao Monte Xalo, ría do Burgo e á contorna dos muíños de Celas como Espazos Naturais de Interese Local. A figura servirá para aumentar as zonas núcleo da reserva da biosfera.
O servizo municipal de aluguer de bicicletas inicia a tempada de verán. Desde este venres, 1 de agosto, as bicicletas atoparanse xa aparcadas e o sistema activado para que veciños e visitantes gocen das amplas zonas verdes do municipio de Culleredo cun medio de transporte ecolóxico e que promove o exercicio físico.
Esta edición dos campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo está sendo multitudinaria. O goberno municipal logrou incrementar as prazas para previstas, para poder dar servizo a todas as familias cullerdenses que as solicitaron.
O goberno de Culleredo centra o Plan de Obras na mellora das infraestruturas viarias en núcleos urbanos do municipio. A mesa de contratación acaba de adxudicar os traballos referentes á mellora de estradas por case 200.000 euros.
A Xunta confirmou ao Concello de Culleredo e aos representantes da ANPA que o novo IES non estará listo para o inicio do curso 2015-2016. Isto fará necesarias medidas provisionais no IES Bñanco Amor, que non se requerirían de ter licitado a Xunta antes a obra, como pedían pais e Concello.
O Burgo prepárase para acoller o venres, 18 de xullo, a súa propia Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. O goberno municipal e os comerciantes pecharon un amplo programa da que promete ser unha gran noite de compras e de animación nas rúas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER