O Concello de Culleredo aprobou en pleno dúas novas ordenanzas que regularán dous aspectos importantes para os veciños: o ruído e o inicio de obras ou de prestación de servizos, propostas ambas polo goberno municipal.
A Feira de Reciclaxe regresa ao Burgo tras os bos resultados logrados na súa primeira edición, que tivo lugar o pasado mes de maio. Levarase a cabo este domingo, 31 de agosto, no recinto multiusos do paseo marítimo. O horario de apertura comprenderá entre as 10.30 e as 20.00 horas.
Unha das principais infraestruturas deportivas de Culleredo, o pavillón Ría do Burgo, verá melloradas de forma notable as súas prestacións aos usuarios. O goberno municipal decidiu renovar o firme da pista colocando parquet, superficie idónea para a práctica deportiva de alto nivel.
O Concello simplificará ao máximo os procedementos para o inicio de obras ou da prestación de actividades e servizos. Coa finalidade de apoiar o desenvolvemento económico, o equipo de goberno leva este xoves a pleno ordinario a ordenanza reguladora do control de obras e actividades, que se adapta á Lei de Competitividade de Galicia.
O goberno municipal reuniuse a pasada semana cos representantes dos maiores de todas as parroquias. O Concello avanzou a nova programación aos maiores, configurada en función das suxestións recollidas en pasadas reunións cos delegados.
O goberno local de Culleredo proporá ao pleno da corporación, que terá lugar o vindeiro xoves, que os festivos locais para 2015 sexan San Xoan e o martes de Entroido.
O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación co obxectivo de incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. O programa conta con 289 horas e 148 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.
O Concello de Culleredo ten xa en marcha o plan de rozas tras impulsar un novo contrato que mellorará notablemente o servizo. O Concello formalizou un contrato que aúna a roza, o mantemento da rede viaria municipal e a limpeza dos espazos públicos.
O Concello de Culleredo abre unha nova exposición na aula de Natureza do Xardín Botánico do Burgo. Nesta ocasión, a mostra exhibirá as fotografías dunha veciña do municipio, que relata con elas as súas vivencias no poboado xitano de O Carqueixo, en Lugo.
O Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña acordaron o cofinanciamento para urbanizar a parcela onde se emprazará un novo colexio de educación infantil e primaria. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acudiu onte á Deputación para asinar o convenio polo que o ente provincial achegará o 55% da contía e o Concello o restante 45%.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER