O paseo marítimo do Burgo prepárase para acoller o sábado un dos eventos culturais máis arraigados en Culleredo. Trátase dos Encontros Folclóricos Ancoradoira, que alcanzan este ano a súa XXIV edición. Terán lugar o sábado, 19 de xullo, desde as 19.30 horas.
A chegada do bo tempo leva ao Concello de Culleredo a converter espazos públicos en escenarios de ximnasia ao aire libre. Trátase da iniciativa "Verán movidiño", que propón a Concellaría de Sanidade, tanto aos mozos como aos maiores, para promover o exercicio físico entre a cidadanía
Os requisitos impostos desde Autoestradas demoraron a contratación da remodelación do campo de fútbol de Rutis, para a que o Concello dedica 765.000 euros. Acometidos os axustes, prevese licitar a obra de forma inminente.
O Concello de Culleredo alertou á Xunta de Galicia dun grave problema de seguridade viaria na estrada autonómica AC-211, ao seu paso por Fonteculler e Acea de Ama.O goberno municipal iniciou xestións para solicitar que se non os arranxa a Xunta de urxencia, que autorice ao Concello a reparalos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER