Culleredo celebrará o Día da Muller Rural cunha ampla programación con música, artesanía, foliadas e gastronomía

O Concello de Culleredo conmemorará o sábado 11 de outubro o Día da Muller Rural cunha ampla xornada de actividades no recinto cuberto do parque da Torre de Celas. A cita, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación As Berenguelas, busca poñer en valor o papel esencial que desempeñan as mulleres no ámbito rural. 
 

Culleredo poñerá en marcha un dispositivo especial de seguridade con motivo da primeira edición do Burgo Fest

O Concello de Culleredo activará un operativo especial de seguridade con motivo da celebración da primeira edición do Burgo Fest, o festival que terá lugar o venres 26 de setembro na explanada do Paseo Marítimo do Burgo. 
 
 

O Concello adxudica 2,4 millóns en obras de mellora urbana e rural

Culleredo impulsa novas actuacións de calado para a mellora urbana e de servizos do municipio. O Concello acaba de realizar a adxudicación por 2.454.568,97 euros de cinco grandes proxectos na zona urbana e rural.

Actividades municipais de cultura e deporte 2025-2026

O Concello de Culleredo abrirá o vindeiro luns, 8 de setembro, o prazo de preinscrición para o programa de actividades municipais culturais e deportivas 2025/2026, que un ano máis ofrecerá unha ampla programación dirixida a todas as idades e parroquias do municipio.

A veciñanza pode presentar propostas para os orzamentos municipais de 2026

O Concello de Culleredo ten aberto o proceso dos Orzamentos Participativos 2026, unha ferramenta de participación cidadá que permite á veciñanza e ás entidades locais propoñer investimentos de interese xeral para incluír nos próximos orzamentos municipais.

Aberta a inscrición para participar nos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Culleredo

As bibliotecas municipais Miguel González Garcés, situada no Burgo, e Xosé Cardeso Liñares, en Vilaboa, regresan á rutina da volta ao cole impulsando os clubs de lectura do curso 2025/2026 para os máis amantes dos libros. O prazo de inscrición xa está aberto e pechará o 15 de setembro.

Emotiva honra á memoria histórica de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, membros da guerrilla antifranquista de Culleredo

Culleredo viviu unha xornada moi emotiva e especial para a recuperación da memoria de dous veciños que pelexaron pola liberdade. O Concello e Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, de acordo coas familias, celebraron o acto de homenaxe e entrega dos corpos de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, naturais da parroquia de Almeiras, membros da guerrilla antifranquista asasinados o 22 de xuño de 1952 en Visantoña (Mesía).

Acto de homenaxe e entrega dos corpos dos veciños José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto

O Concello de Culleredo e Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, de acordo coas familias, celebran o luns 25 de agosto o acto público de homenaxe e entrega dos corpos de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, naturais da parroquia cullerdense de Almeiras, membros da guerrilla antifranquista asasinados o 22 de xuño de 1952 en Visantoña (Mesía).

O Concello de Culleredo recibe á plataforma veciñal de Ledoño e reafirma o seu apoio para manter a rotonda

O Concello de Culleredo recibiu este martes, 19 de agosto, no Salón de Plenos á plataforma veciñal que defende a permanencia da rotonda de Ledoño na AC-523, na intersección coa estrada de Rumbo. O alcalde, José Ramón Rioboo, acompañado por membros dos diferentes grupos da corporación municipal, trasladou aos representantes veciñais o apoio do goberno local e detallou os próximos pasos que se seguirán nas seguintes semanas. 

Trofeos de fútbol municipais 2025 - Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo gozará durante varias semanas de torneos de fútbol, desde o sábado 9 de agosto ata o vindeiro domingo 31 de agosto. Haberá catro categorías diferentes que permitirán que os distintos equipos do municipio poidan participar, divididos entre afeccionados, veteranos, fútbol base e fútbol feminino.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina