A veciñanza pode presentar propostas para os orzamentos municipais de 2026

O Concello de Culleredo ten aberto o proceso dos Orzamentos Participativos 2026, unha ferramenta de participación cidadá que permite á veciñanza e ás entidades locais propoñer investimentos de interese xeral para incluír nos próximos orzamentos municipais.

As persoas interesadas poderán enviar as súas achegas durante todo o mes de setembro a través do correo electrónico participa@culleredo.es ou mediante o Rexistro Municipal.

As propostas deben recoller:

  • Nome e apelidos da persoa proponente.

  • Asociación que representa (de ser o caso).

  • Título e descrición da proposta.

Só se admitirán aquelas iniciativas que sexan viables e teñan vocación de interese xeral.

 

Quen pode participar

Segundo o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá do Concello de Culleredo, poderán tomar parte:

  • Persoas físicas: maiores de 18 anos, empadroadas en Culleredo a 31 de decembro de 2024.

  • Asociacións e entidades: inscritas debidamente no Rexistro Municipal de Asociacións.

 

Asesoramento técnico

O persoal técnico municipal analizará as propostas recibidas, informará sobre a súa viabilidade e asesorará no proceso. As achegas cidadás poderán supoñer ata un 25% dos investimentos municipais.

O Concello anima a toda a veciñanza a participar activamente nesta iniciativa, co obxectivo de seguir construíndo un Culleredo máis participativo e adaptado ás necesidades reais da cidadanía.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina